Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos expedientes de sanción por infraccións na orde social que se citan.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a empresa Piedregal, S.L., ó non podérselle notificar por correo certificado, o trámite de audiencia por termo de oito días segundo o disposto no artigo 18.4º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, no expediente

de sanción nº 57/99, derivado de acta de infracción nº 145/99, podendo formular alegacións por termo doutros tres días, quedando visto para resolución ó finalizar este.

Lugo, 10 de agosto de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo