Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 30 de xullo de 1999, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00704-O-1998 e dous máis).

Pola presente cédula, notificánselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 26), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado a partir do seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta rexistrada de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase o seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, o 30 de xullo de 1999.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-00704-O-1998.

Matrícula: PO-8744-X.

Denunciante: G.C. de Tráfico.

Denunciado: José Luis Santomé Núñez.

Último enderezo coñecido: Salvador D. Mundo, 4-2º C, 11000 Cádiz.

Feito denunciado: circular levando tres ciclomotores, carecendo de autorización de transporte, non presenta ningún distintivo de ámbito de acción. Servicio privado.

Data: 9-5-1998.

Hora: 15.25.

Estrada: C-531.

p.k.: 17,5.

Precepto infrinxido: artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 25.000 ptas.

Expediente: PO-00905-O-1998.

Matrícula: PO-3458-BB.

Denunciante: G.C. de Tráfico.

Denunciado: José Manuel Mínguez Sánchez.

Último enderezo coñecido: Urzaiz, 125, 36205 Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: incumpri-las condicións da autorización de transportes tendo a ITV caducada. Servicio público.

Data: 16-6-1998.

Hora: 8.50.29.

Estrada: C-531.

p.k.: 4.

Precepto infrinxido: artigo 200.3º do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 25.000 ptas.

Expediente: PO-02138-O-1998.

Matrícula: PO-4403-AJ.

Denunciante: G.C. de Tráfico.

Denunciado: José Barciela Martínez.

Último enderezo coñecido: Vilar de Infesta, 14, 36800, Redondela (Pontevedra).

Feito denunciado: transportar electrodomésticos carecendo de distintivos de radio de acción. Servicio público.

Data: 14-12-1998.

Hora: 11.20.

Estrada: C-531.

p.k.: 4,100.

Precepto infrinxido: O.M. 25 de outubro de 1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 15.000 ptas.