Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de xullo de 1999, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia en transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00028-I-1999).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ós da publicación desta cédula.

Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 14 de xullo de 1999.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-00028-I-1999.

Matrícula: M-6162-FN.

Denunciante: autorizacións.

Denunciado: Carlos Ordóñez Rebollar.

Último enderezo coñecido: Couto San Honor, 123, 36204 Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: non realización do visado correspondente ó ano 1998 no prazo establecido.

Precepto infrinxido: artigo 46 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción proposta: 25.000 ptas.