Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 10.993

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 17 de agosto de 1999 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profe

sional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería.

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo.-Poderán concorrer a eles os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. No caso de que resulten seleccionados para ocupa-los postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde funcionarios con destino na Administración xeral do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, ou que estean nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 41, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, requirirase informe favorable da Administración de orixe que, de non emitirse no prazo de 15 días e tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, se considerará favorable. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase á adxudicación dos postos para os que foron seleccionados.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá

producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

-Denominación do posto: Servicio de Defensa do Menor.

Código: FA.C03.00.002.15770.008.

Nivel: 28.

C. Espec.: 1.703.640.

Grupo: AB.

Corpo/Escala: xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Familia .

Localidade: Santiago de Compostela.

-Denominación do posto: Servicio de Observatorio Ocupacional.

Código: FA.C04.00.003.15770.010.

Nivel: 28.

C. Espec.: 1.703.640.

Grupo: AB.

Corpo/Escala: xeral/especial.

Dependencia: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Localidade: Santiago de Compostela.