Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/80-2, 5148 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T.S. de caseta en polígono Augas Férreas.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea no polígono Augas Férreas de 1.268 m a 20 kV baixo tubo de polietileno en conductor D.H.V. 4 C.T.S. idénticos de interior (subterráneos), cada un coas características seguintes: 630+630 kVA de potencia (inicialmente instalación de só un transformador de

630 kVA) e relación 20.000/400-230 V. R.B.T. subterránea no polígono Augas Férreas de 7.384 m a 400/230 V baixo tubo de polietileno en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 29 de xullo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo