Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Canedo II (Lourenzá).
Situación: Lourenzá.
Descricións técnicas: L.M.T. ó C.T. de Canedo II de 687 m a 20 kV sobre apoios de formigón e metá
licos en conductor LA-56. C.T.I. de Canedo II de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de Canedo II de 890 m sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 22 de xullo de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo