Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.928

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO, da Delegación Especial de Galicia, de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e como non foi posible notifica-lo procedemento que se relaciona malia os intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pasen a retirar, persoalmente ou mediante representante, as notificacións que se indican, na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na rúa Comandante Fontanes, 10 da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: Recambios Balsabas, S.A.

NIF: A-15.012.040

Procedemento: administrativo de constrinximento (recadatorio).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación Especial da AEAT en Galicia. R/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña).

Interesado: Berruga Carrilero, Juan José.

NIF: 50.403.681-D.

Procedemento: administrativo de constrinximento (recadatorio).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de Comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación Especial da AEAT en Galicia. R/ Comandante Fontanes, 10-5ª (A Coruña).

A Coruña, 29 de xullo de 1999.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación