Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.927

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

CÉDULA do 28 de abril de 1999, da Delegación de Castellón, de citación para notificacións.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.1º da Lei 6/1997, do 30 de decembro, e téndose intentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicalas por causas non imputables á Administración Tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se atopan pendentes de notifica-los actos do procedemento administrativo de constrinximento, o interesado dos cales se especifica a continuación:

AEAT: Comunidade Autónoma de Galicia.

Delegación: Castellón.

Núm. Emi.: 99.1.1.11.001.

Datos do contribuínte:

B-12.379.061

Grúas Aslem, S.L.

Polígono Industrial La Basala, nave 1, Castellón.

Concepto/Descrición/Obx. Trib.:

Sanción Exp.: 1997/=U-0375-O-97 P.TER.

Clave liquidación:

C1100098320083191

En virtude do anterior, dispoño que os suxeitos pasivos, obrigados tributarios indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no boletín oficial que corresponda, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Delegación a AEAT de Castellón, Dependencia de Recadación, praza Huerto Sogueros, nº 4 de Castellón, para o efecto de practica-la notificación do citado acto.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non compareceren no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Castellón, 28 de abril de 1999.

Arturo Rodríguez Serrano

Xefe da dependencia