Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

Faise público o nomeamento de varios funcionarios de carreira, do cadro de persoal deste concello:

-Na escala da Administración especial, subescala técnica:

Clase superior, a Mª Teresa Uyarra Ruiz, con DNI nº 72.243.516, como xefa da Sección de Fomento e Desenvolvemento Local.

Clase media, a Carlos Traviesas Sampedro, con DNI nº 33.810.508, como xefe do Servicio de Formación e Emprego.

-Na escala da Administración xeral, subescala administrativa, a Mª Beatriz Souto Espiñeira, con DNI nº 32.779.830.

Os nomeamentos fixéronse por resolución da alcaldía do 4 de agosto de 1999, unha vez rematado o proceso selectivo. Para adquiriren a condición de funcionario de carreira deberán prestar xuramento ou promesa, de conformidade co disposto no Real decreto 707/1979, do 5 de abril, e tomar posesión do seu destino no prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 25.2º do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Culleredo, 5 de agosto de 1999.

P.D. competencia (Resolución alcaldía do 13-7-1999)

Mª Alicia Ferreiro Varela

Concelleira de Persoal, Réxime Interior

e Seguridade Cidadá