Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 125/1999.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o

que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; trascorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que consideren oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no Art. 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 125/1999.

Acta Inf. nº 1114/98.

Empresa: Construcciones Manolo y Luis, S.L.

NIF/DNI: B-15.582.182.

Domicilio: Ronda de Outeiro, 132, 12º D (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Xustificante de recepción.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

A Coruña, 2 de agosto de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña