Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de agosto de 1999, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifican liquidacións de reintegros de axudas e subvencións ós contribuíntes que se sinalan (Costas Estévez, María Esperanza e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse por medio deste anuncio liquidacións polas que se lles require un reintegro ós obrigados tributarios que se sinalan no anexo.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 3 da Orde do 21 de xullo de 1998 pola que se regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas e subvencións.

A débeda deberá ser ingresada nos prazos establecidos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación, Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, contados desde o día seguinte á publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia. A débeda non satisfeita nos prazos previstos no citado artigo esixirase na vía de constrinximento, de acordo co artigo 97 do mencionado regulamento.

Vigo, 2 de agosto de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Obrigado tributario: Costas Estévez, María Esperanza.

DNI: 36.021.906-L.

Domicilio: CM Canexa Candeán 10, Vigo.

Nº de expediente: 1997/36/000/FM5 98/2.

Importe: 200.000 pesetas (1.202,02 euros).

Causas: reintegro de axuda a contratación persoal fixo.

Obrigado tributario: Vigo Print SL.

CIF: B-36.762.201

Enderezo: Ramiro Pascual, nave CD 18, Vigo.

Nº de expediente: 1996/54/000/H-3/98.

Importe: 50.000.000 de pesetas (300.506,05 euros).

Causas: subvención percibida indebidamente-Expte. PO-18/95 Industria.