Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 19 de xullo de 1999, acordou aprobar definitiva

mente o estudio de detalle para reforma de aliñacións na parcela B-2 para edificio multifamiliar na urbanización O Castriño, promovido por Hermanos Padín García, S.L. e redactado polo arquitecto Jesús María Diéguez Pazos.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, significando que contra o indicado acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 26 de xullo de 1999.

Joaquín J. Gago López

Alcalde