Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 6 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se convocan para o levantamento de actas previas á ocupación os titulares dos predios afectados pola construcción das instalacións do proxecto de punto de entrega a Gas Galicia no p.k. 165,5 da N-550-A e ramal de subministración a Cerámicas da Moura.

Na data 28 de xullo de 1999, a Dirección Xeral da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou as instalacións do proxecto de punto de entrega a Gas Galicia no p.k. 165,5 da

N-550-A e ramal de subministración a Cerámicas da Moura, que discorre polos termos municipais do Porriño, Salceda de Caselas e Tui. Declarada a utilidade pública e urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 103 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, procede a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordou convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan na casa do concello en que radican os predios afectados, como punto de reunión para, con independencia de desprazarse posteriormente ó terreo e de conformidade co procedemento que establece o precitado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedese, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade máis o último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

Para o levantamento das actas os afectados deberán presentarse o próximo día 15 de setembro de 1999 no Concello de Salceda de Caselas, a partir das 10 horas; o día 16 de setembro de 1999 no Concello do Porriño, a partir das 10 horas e no Concello de Tui, a partir das 12 horas.

A orde de levantamento das actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos do concello sinalado.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos e mais a aqueles con domicilio descoñecido dos predios que se describen no anexo.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria, coas obrigas e dereitos establecidos nos artigos 2.2º da Lei de expropiación forzosa e 5 do seu regulamento.

Pontevedra, 6 de agosto de 1999.

P.D.

Rafael Rubio Maquieira

Secretario provincial de Pontevedra

Convocatoria actas previas á ocupación

Proxecto: acometida a Cerámicas da Moura P.E.G.G.

Termo municipal: O Porriño.

Predio nºTitular e domicilioCitación

DíaMesHora

PO-PR-1300Cerámicas Mas, S.A., O Cerquido. 36475 O Porriño-Pontevedra16setembro10
PO-PR-1304Manuel Pérez Pérez, O Cerquido, 4. Budiño 36475 Salceda de Caselas-Pontevedra16setembro10
PO-PR-1305Amadeo Pérez Vila, O Cerquido, 13. Budiño 36475 O Porriño-Pontevedra16setembro10

Termo municipal: Salceda de Caselas.

Predio nºTitular e domicilioCitación

DíaMesHora

PO-SA-2Concello, r/ Doutor Zunzunegui, 7. 36473 Salceda de Caselas-Pontevedra15setembro10
PO-SA-3Concello, r/ Doutor Zunzunegui, 7. 36473 Salceda de Caselas-Pontevedra15setembro10
PO-SA-4Manuel Castiñeiras Casales, O Cerquido, 26. Budiño 36475 O Porriño-Pontevedra15setembro10
PO-SA-5Enair López Ramírez, O Cerquido, 18. Budiño 36475 Salceda de Caselas-Pontevedra15setembro10
PO-SA-6Manuel Castiñeiras Casales, O Cerquido, 26. Budiño 36475 O Porriño-Pontevedra15setembro10
PO-SA-7Mª del Carmen Alonso López, O Cerquido, 33. Budiño 36475 Salceda de

Caselas-Pontevedra

15

setembro

10

PO-SA-8José González Fernández, Casal. Budiño 36475 O Porriño-Pontevedra15setembro10
PO-SA-9Nemesio Pérez Alonso, O Cerquido. Budiño 36475 Salceda de Caselas-Pontevedra15setembro10
PO-SA-10Rosa Pérez Rodríguez, O Cerquido. Budiño 36475 O Porriño-Pontevedra15setembro10
PO-SA-11Concello, r/ Doutor Zunzunegui, 7. 36473 Salceda de Caselas-Pontevedra15setembro10
PO-SA-12Ángel Martínez Álvarez, O Cerquido, 22. Budiño 36475 Salceda de

Caselas-Pontevedra

15

setembro

10

PO-SA-13Descoñecido15setembro10
PO-SA-14Ángeles Martínez Álvarez, O Cerquido, 22. Budiño 36475 Salceda de

Caselas-Pontevedra

15

setembro

10

PO-SA-15María González Álvarez, O Cerquido. Budiño 36475 O Porriño-Pontevedra15setembro10
PO-SA-16Aurora Gómez Besada, r/ Areas, s/n. 36700 Tui-Pontevedra15setembro10

Predio nºTitular e domicilioCitación

DíaMesHora

PO-SA-17Héctor Represas Romero, Estación de Guillarei. 36720 Tui-Pontevedra15setembro10
PO-SA-18Balbino Romero Vila, O Cerquido, 25 A. Budiño 36475 Salceda de

Caselas-Pontevedra

15

setembro

10

PO-SA-19Rosa Pérez Vila, O Cerquido. Budiño 36475 O Porriño-Pontevedra15setembro10
PO-SA-20Juan Lino Besada Lemos, O Cerquido, 26. Budiño 36475 Salceda de

Caselas-Pontevedra

15

setembro

10

PO-SA-22Juan Lino Besada Lemos, O Cerquido, 26. Budiño 36475 Salceda de

Caselas-Pontevedra

15

setembro

10

PO-SA-23Angustias Pereira Romero, O Cerquido, 29. Budiño 36475 Salceda de

Caselas-Pontevedra

15

setembro

10

PO-SA-24Concello, r/ Doutor Zunzunegui, 7. 36473 Salceda de Caselas-Pontevedra15setembro10
PO-SA-25Julio Bouzada Calzado, O Cerquido, 40. Budiño 36475 Salceda de Caselas-Pontevedra. Severiano Gabín González

15

setembro

10

PO-SA-26Comunid. de Montes de Budiño (Pte.: Lino González Fernández). Rubindo, 15. Budiño 36475 Salceda de Caselas-Pontevedra

15

setembro

10

PO-SA-27Comunid. de Montes de Budiño (Pte.: Lino González Fernández). Rubindo, 15. Budiño 36475 Salceda de Caselas-Pontevedra

15

setembro

10

PO-SA-27 bisCerámicas Mas, S.A., O Cerquido, s/n. Budiño 36475 O Porriño-Pontevedra15setembro10

Termo municipal: Tui.

Predio nºTitular e domicilioCitación

DíaMesHora

PO-TU-1500Cerámicas da Moura, Gándara, s/n. Guillarei. 36720 Tui-Pontevedra16setembro12
PO-TU-1500-POCerámicas da Moura, Gándara, s/n. Guillarei. 36720 Tui-Pontevedra16setembro12
PO-TU-1500/1-POCerámicas da Moura, Gándara, s/n. Guillarei. 36720 Tui-Pontevedra16setembro12