Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 01 de setembro de 1999 Páx. 10.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 9 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude do permiso de investigación 5989.

Esta delegación provincial fai saber que Construcciones Slates, S.A., con enderezo na rúa Marcelino Suárez, 24-1º, 32300, O Barco de Valdeorras (Ourense), presentou nesta delegación provincial, o día 17 de marzo de 1999, instancia solicitude do permiso de investigación Puente Nuevo, de 66 cuadrículas mineiras, para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos da Pontenova e Riotorto, da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 5989 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a que se cita no anexo.

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 9 de xullo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 12' 20''43º 20' 40''
2-7º 10' 20''43º 20' 40''
3-7º 10' 20''43º 19' 40''
4-7º 10' 40''43º 19' 40''
5-7º 10' 40''43º 19' 20''
6-7º 11' 00''43º 19' 20''
7-7º 11' 00''43º 17' 00''
8-7º 10' 40''43º 17' 00''
9-7º 10' 40''43º 16' 00''
10-7º 12' 20''43º 16' 00''