Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 01 de setembro de 1999 Páx. 10.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público de rexistros mineiros.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que como consecuencia da caducidade dos dereitos mineiros que a continuación se sinalan, quedaron francos os seus terreos, polo que, en aplicación do artigo 53 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas (BOE nº 176, do 24), convoca concurso dos comprendidos nesta provincia. Inclúense:

-Aquelas pertenzas e cuadrículas mineiras de rexistros mineiros caducados noutras provincias, con superficies na de Pontevedra.

-As cuadrículas de permisos de investigación que non derivaron en concesión de explotación.

-Os espacios francos non rexistrables de cuadrículas pertencentes a dereitos mineiros outorgados conforme lexislacións anteriores ou referidos ó meridiano de Madrid.

Na relación de rexistros faise expresión de número, nome, recurso, termo municipal e superficie, en cuadrículas mineiras.

NomeRecursoTermo municipalSuperficie

2382FaroGranito ornamentalSalceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Ponteareas47 C.M.
2464RañeGranito ornamentalPonteareas, Salvaterra de Miño10 C.M.
2509PelaioSección C)O Porriño, Mos, Vigo111 C.M.
2517VilalongaArxilaSanxenxo, Meaño50 C.M.
2522VinciosSección C)Gondomar, Nigrán, Mos, O Porriño, Vigo294 C.M.
2533CostadoSección C)Lalín, Dozón189 C.M.
2543PicansGranito ornamentalA Estrada8 C.M.
2573MonzonGranito ornamentalPazos de Borbén, Redondela, Soutomaior7 C.M.
2574CasasGranito ornamentalVigo4 C.M.
2575LaxindeGranito ornamentalPonte Caldelas, Pontevedra9 C.M.
2588AM. Confurdo IIGranito ornamentalPonteareas3 C.M.
2589TabordaSección C)Tomiño63 C.M.
2601JarotosGranito ornamentalCovelo, A Lama, Fornelos de Montes42 C.M.
2609Laxe do AvóGranito ornamentalArbo15 C.M.
2616FreazaGranito ornamentalFornelos de Montes, Mondariz34 C.M.
2622CousoGranito ornamentalPonteareas2 C.M.
2641TorrónGranito ornamentalSalceda de Caselas1 C.M.
2684AnaSección C)Oia, Tomiño, O Rosal30 C.M.
2742FestaGranito ornamentalPonteareas44 C.M.
2670DagdaGranito ornamentalCaldas de Reis, Vilagarcía de Arousa4 C.M.

As solicitudes axustaranse ó establecido no artigo 72 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978 (BOE do 11 e 12 de decembro de 1978), e ó establecido no Real decreto lexislativo 1303/1986, do 28 de xuño (BOE nº 155, do 30 de xuño de 1986) polo que se adecua ó ordenamento xurídico da Comunidade Económica Europea o título VIII da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.

As taxas que se aboarán sobre as superficies que comprendan as ofertas e outras condicións que se deberán ter en conta nelas, estableceranse no prego de condicións que estará exposto ó público no taboleiro de anuncios da Delegación de Industria de Pontevedra, na que tamén se poderán obte-los datos relativos á situación xeográfica das superficies sometidas a concurso.

As ofertas presentaranse na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, sita na rúa Eduardo Pondal, 64, baixo, nas horas de rexistro, de 9 a 14, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura das ofertas será realizada por unha mesa, coa composición que se indica no artigo 72.2º do Regulamento xeral para o réxime da minería, que se constituirá na data que determine esta delegación provincial, e que se lle comunicará individualmente a todos aqueles que presentaron ofertas.

Todo o anterior faise público de conformidade cos artigos 72º e 104.4º do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 26 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra