Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Sestelo y Cia, S.A.
Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: C.T. Cortellas-A Portela-Padróns.
Situación: Ponteareas.
Descricións técnicas: C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V, en Cortellas, A Portela-Padróns, concello de Ponteareas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria
e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Pontevedra, 20 de xullo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra