Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 01 de setembro de 1999 Páx. 10.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/303-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. variante vía rápida.

Situación: O Grove.

Descricións técnicas: tramo I-L.M.T., aérea, a 20 kV, de 238 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos, desde un apoio da L.M.T. Sanxenxo ata o apoio 2 desta liña proxectada. Tramo II-L.M.T., aérea, a 20 kV, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio da L.M.T. O Grove, ata o apoio 2 da L.M.T. proxectada no tramo I. Concello do Grove.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 16 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra