Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. na Brea, A Lamela e Ximonde (Palas de Rei).
Situación: Palas de Rei.
Características técnicas: L.M.T. ó C.T. da Brea de 333 m a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56. L.M.T. ó C.T. de Ximonde de 73 m a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56. C.T.I. da Brea de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. C.T.I. de Ximonde de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. da Brea de 780 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. de Ximonde de 2.850 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Lugo, 16 de xullo de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo