Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 01 de setembro de 1999 Páx. 10.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/35-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. adecuación seccións O Barco de Valdeorras.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: 6 L.M.T.S. a 15 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV.

(1ª) De 165 m, con orixe no C.T. Don Carlos e remate na L.M.T.S. do C.T. Penas Forcadas.

(2ª) De 625 m, con orixe na L.M.T.S. do C.T. Penas Forcadas e remate no C.T. Conde de Fenosa.

(3ª) De 235 m, con orixe na L.M.T.S. do C.T. Conde de Fenosa e remate no C.T. Residencia.

(4ª) De 255 m, con orixe no C.T. Xeneral Franco 2 e remate no C.T. Caixa de Aforros.

(5ª) De 10 m, con orixe na L.M.T.S. do C.T. Caixa de Aforros e remate na L.M.T.S. ó C.T. Telefónica.

(6ª) De 145 m, con orixe no C.T. Caixa de Aforros e remate no C.T. Telefónica.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 12 de xullo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense