1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 30/99.
2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: diversos equipos para laboratorios docentes na E.U.E.T. en informática de xestión. 1ª fase. b) Número de unidades que se vai entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número:-. d) Lugar de entrega: o que se indique no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e no contrato. e) Prazo de entrega: 1 mes desde a sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación: 12.910.000 de ptas.
5. Garantías: provisional: 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de licitación.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1, 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.
7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Universidade de Vigo. R/ Oporto nº 1, planta baixa, Vigo 36201. d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 90 días contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.
8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46, 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, se este fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.
9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Vigo, 20 de agosto de 1999.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo