Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 31 de agosto de 1999 Páx. 10.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/103-2, 5227 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Ferreiros, Rego Pequeno (Guitiriz).

Situación: Guitiriz.

Características técnicas: L.M.T. aérea ó C.T. de Rego Pequeno, de 687 m, a 20 kV (tensión de servicio 15 kV) sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56. C.T.I. de Rego Pequeno de 50 kVA e relación 15.000/380-220 V. Enlace de 50 m do C.T.I. proxectado de Rego Pequeno coa R.B.T. aérea existente a 380/220 V en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Lugo, 14 de xullo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo