Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 31 de agosto de 1999 Páx. 10.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/151-2, 5086 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de San Acisclo (Foz).

Situación: Foz.

Características técnicas: L.M.T. aérea ó C.T. de Raúlfe de 531 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. L.M.T. aérea ó C.T. de Barracide de 101 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. C.T.I. Raúlfe de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. C.T.I. de Barracide de 100 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de Raúlfe de 1.290 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. aérea de Barracide de 2.665 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. aérea de San Acisclo de 1.870 metros de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Lugo, 9 de xuño de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo