Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 31 de agosto de 1999 Páx. 10.776

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de limpeza de edificios e locais, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-6-1999, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, o 24-6-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de xullo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de limpeza

de edificios e locais de Pontevedra

Ano 1999-2000

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo afecta a todo o persoal e empresas que se rexen pola ordenanza laboral para as empresas dedicadas á limpeza de edificios

e locais do 15 de febreiro de 1975, comprendendo o seu ámbito de aplicación a provincia de Pontevedra, así como os novos centros de traballo que no ámbito desta provincia se creen ou instalen.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Atópanse incluídos no ámbito de aplicación deste convenio tódolos traballadores/as dependentes destas empresas, quedando excluídas aquelas persoas que de acordo coa ordenanza laboral vixente poidan saírse do seu ámbito.

Artigo 3º.-Duración e vixencia.

O presente convenio terá unha duración de dous anos, contados desde o 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro do ano 2000. Entrará en vigor ós 10 días da súa sinatura, se ben os seus efectos económicos pactados terán efecto retroactivo ó 1 de xaneiro de 1999.

Entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais sempre que por calquera das partes non sexa denunciado cando menos con tres meses de antelación ó seu vencemento ou de calquera de súas prórrogas. No caso de non chegar a unha negociación despois de realizada a denuncia, o texto do convenio quedará prorrogado, non así os conceptos salariais que aumentarán de acordo coa subida do IPC real.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas e de calquera índole contidas no presente convenio teñen carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas polas empresas e que impliquen condicións máis beneficiosas para os traballadores/as verbo do presente convenio, subsistirán para aqueles que as veñen disfrutando, pero sen que poida interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas teña que computarse o melloramento económico que supón o presente convenio.

Artigo 5º.-Salarios.

As retribucións correspondentes ás distintas categorías do persoal afectado por este convenio fíxanse na táboa salarial anexa que supoñen un incremento do 2,2% para o ano 1999, sobre as táboas correspondentes o ano 1998 e un incremento do 2,5% para o segundo ano de vixencia, sobre as táboas de 1999.

No caso de que o IPC rexistrase a 31-12-1999 un incremento superior o 2,2% e a 31-12-2000 un incremento superior o 2,5%, o exceso incrementará a táboa salarial correspondente o ano 2000, a dita táboa incrementada servirá de base para a negociación do seguinte convenio.

O aboamento dos salarios deberá efectuarse nos días 30 ou 31 do mes no que se devenguen e, como máximo, o día 3 do mes seguinte.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Os/as traballadores/as fixos comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio, desfrutarán,

como complemento persoal de antigüidade, dun aumento períodico por cada tres anos de servicio prestado na mesma empresa, na contía do cinco por cento para cada trienio sobre o salario base.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes a xullo e Nadal, na contía, dada unha delas, dunha mensualidade de salario base do convenio máis antigüidade, se é o caso. As ditas pagas extraordinarias de xullo e Nadal recibiranse na súa integridade, independentemente de que o traballador estivese en situación de IT durante o período de devengo de cada unha delas, e serán aboadas entre os días 10 e 20 dos respectivos meses.

Igualmente percibirán entre os días 10 ó 20 do mes de marzo unha paga de beneficios, na contía dunha mensualidade de salario base do convenio, máis a antigüidade, se é o caso. A dita paga haberá de referirse ó ano natural anterior, aboándose a pro rata dos días traballados. Non obstante o anterior, esta paga percibirase na súa integridade, independentemente de que o traballador/a estivera en situación de IT durante o período de devengo da dita paga.

O persoal que desfrute de vacacións durante o mes de xullo terá dereito a un anticipo do 90% do importe da paga extraordinaria de xullo, sinalada no parágrafo primeiro.

Artigo 8º.-Complementos de transporte e locomoción.

Os/as traballadores/as afectados/as por este convenio percibirán en concepto de complemento de transporte no ano 1999 a cantidade de 9.994 ptas. (nove mil novecentas noventa e catro) mensuais, efectuándose o seu devengo en 12 pagas. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 455 ptas.

Para o ano 2000 percibirase en concepto de complemento de transporte a cantidade de 10.244 ptas. (dez mil duascentas corenta e catro) mensuais efectuándose o seu devengo en 12 pagas. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 466 ptas.

Dado as especiais características do sector, o complemento de transporte aboarase a pro rata do tempo traballado, non tendo este concepto a consideración de salario para ningún efecto, polo cal no se computará para o cálculo de antigüidade, gratificacións extraordinarias, paga de beneficios, etc. e tampouco se percibirá cando se atope en situación de incapacidade temporal, queda mesmamente exento de cotización á Seguridade Social.

Os/as traballadores/as que teñan que utilizar vehículos para o traslado entre varios centros de traballo, terán dereito ó aboamento dun complemento de transporte na cantidade que pagara en medios normais de locomoción.

Artigo 9º.-Complemento de asistencia.

Para o ano 1999, establécese a cantidade de 7.112 ptas./mes (sete mil cento doce pesetas/mes). Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 323 ptas., non considerándose como ausencia, para estes efectos, o descanso semanal ó que teña dereito o traballador.

Para o ano 2000 percibiranse en concepto de complemento de asistencia a cantidade de 7.290 ptas. (sete mil duascentas noventa). Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 331 ptas., non considerándose como ausencia, para estes efectos, o descanso semanal ó que teña dereito o traballador.

Este plus de asistencia aboarase á pro rata do tempo traballado.

Artigo 10º.-Complemento de toxicidade, perigosidade e nocturnidade.

O complemento fixado na letra a) do artigo 53 da vixente ordenanza, sobre labores tóxicos ou perigosos, queda establecido na contía do 30% do salario base de cada categoría.

O complemento de nocturnidade previsto na letra b) do mesmo corpo legal, percibirase na contía do 35% sobre o salario base de cada categoría. Os/as traballadores/as de nova contratación percibirano igualmente.

Os/as traballadores/as que teñan dereito a percibi-lo complemento de nocturnidade, percibirano na contía establecida no texto do convenio e sobre o salario base mensual de trinta días, aboándose a pro rata do tempo traballado.

O complemento de perigosidade pagaráselles ós/ás traballadores/as que habitualmente presten os seus servicios sobre andamio, ou cos pés sobre escaleira situados a unha altura superior a 1 m 80 cm. Este complemento aboarase por tempo efectivo de traballo.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

A xornada laboral ordinaria será de 39 horas semanais de traballo efectivo.

Nos supostos de xornada continuada establecerase un período de descanso obrigatorio de 20 minutos, que se computará como tempo de traballo efectivo, sen prexuízo das condicións máis favorables existentes nas empresas. É dicir, as que teñan máis dos vinte minutos agora establecidos.

Os traballadores/as disporán de tres días de descanso ó ano que se desfrutarán dos días Sábado Santo, 24 e 31 de decembro. Aqueles/as traballadores/as para os que eses días non sexan laborables, desfrutaranos nas datas que acorden empresario e traballador/a.

Cando se amplíe a xornada nun centro de traballo, terán preferencia para o incremento da xornada laboral, os/as traballadores/as que presten servicios no dito centro, e non teñan xornada completa. Caberán

excepcións cando existan razóns organizativas ou productivas xustificadas.

O incremento salarial que supoña o aumento de xornada non afectará o importe do complemento de antigüidade que o/a traballador/a viñese percibindo.

Artigo 12º.-Traballo en domingos e festivos.

O/a traballador/a no que a súa xornada laboral se desenvolva en domingo, ou días festivos, terá opción a:

a) O aboamento, segundo a normativa vixente.

b) A acumula-lo descanso ós días de vacacións regulamentarias.

c) Desfrutar en compensación, dun día de descanso semanal.

Por outra banda, o traballador/a que preste servicio como mínimo 2 domingos nun mes terá dereito a un día adicional de descanso sen prexuízo doutros dereitos que lle puideran corresponder.

Os festivos terán a mesma consideración cós domingos para efectos do descanso adicional regulado anteriormente.

Así mesmo, se un traballador/a presta o seus servicios tres domingos ó mes durante dous meses consecutivos, terá dereito a un día máis de descanso.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións que o desenvolvan.

Artigo 14º.-Licencias.

Logo de solicitude dos traballadores afectados, considerarse licencia retribuída polo tempo e nos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador/a: 15 días naturais.

b) Matrimonio de pais, pais políticos, fillos ou parente que convivan co traballador/a: 1 día natural.

c) Parto de esposa: 5 días laborables.

d) Falecemento ou enfermidade grave:

-Do cónxuxe: 5 días naturais.

-Pais, pais políticos e fillos: 3 días naturais.

-Irmán e parentes ata segundo grao de consaguinidade ou afinidade: 2 días naturais.

Se entre o traballador/a os parentes anteriormente detallados houbera convivencia, a licencia sería de 5 días naturais. O mesmo ocorriría se o falecemento ou enfermidade grave dos parentes anteriores se producise fóra da localidade.

e) Falecemento de tío: 1 día natural. Se houbera convivencia entre o traballador e o falecido, a licencia sería de 2 días naturais.

f) Traslado de domicilio: 2 días laborables.

g) Os/as traballadores/as que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título oficial académico ou profesional, terán dereito a un permiso

retribuído de ata seis días ó ano para concorrer a exames, logo de comunicación do traballador/a á dirección da empresa con quince días de antelación e xustificación correspondente.

As referencias que as letras c) e d) do presente artigo fan á cónxuxe e o cónxuxe respectivamente, entenderanse feitos, así mesmo, ó compañeiro/a que en situación estable e acreditada conviva co traballador/a.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

Igualmente o traballador/a, solcitándoo coa debida antelación, terá dereito a dispoñer de ata cinco días de licencia e unha vez ó ano, non retribuídas pola empresa.

Artigo 15º.-Excedencias.

Todo/a traballador/a fixo cunha antigüidade polo menos de dous anos na empresa terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a seis meses e non maior de cinco anos.

O/a traballador/a excedente, cando a súa categoría se atope entre os pertencentes ós grupos de persoal subalterno e obreiro, terá dereito á reserva do seu posto de traballo durante un período máximo de dous anos. A reincorporación á empresa solicitarse cun aviso previo, de tres meses.

Excepcionalmente, cando a solicitude de excedencia sexa por un tempo máximo de dous anos, o traballador terá dereito a reintregarse na empresa durante o prazo dos seis primeiros meses da dita excedencia, dispoñendo o empresario dese mesmo prazo dos seis meses para proceder á súa reincorporación. En todo caso, o traballador/a terá que poñer en coñecemento do empresario a súa intención de volver á empresa cunha antelación mínima dun mes. Pasados os seis primeiros meses de exercicio da excedencia sen que o traballo fixera uso do seu dereito xa non poderá volver a empresa ata esgota-lo período de excedencia solicitada.

Artigo 16º.-Cambio de postos de traballo por embarazo.

As mulleres embarazadas terán dereito a que se lles cambie de posto de traballo a outro máis acorde co seu estado, non estando obrigadas en ningún caso a desempeña-las súas funcións en lugares radiactivos, infecciosos ou perigosos para o seu embarazo.

Esta situación dará lugar a unha suspensión do contrato de traballo cunha duración máxima de 16 semanas, con efectos e condicións previstas no artigo 48.4º do Estatuto dos traballadores e segundo a nova redacción da Lei 3/1989, do 3 de marzo de 1989.

Artigo 17º.-Control médico obrigatorio.

Todo o persoal comprendido no presente convenio terá dereito a unha revisión médica por conta da empresa cada seis meses.

Artigo 18º.-Asistencia a consultorios médicos.

Tódolos/as traballadores/as terán dereito a tres horas retribuídas pola empresa cada vez que teñan que asistir á consulta do médico de cabeceira. Cando o médico xeneralista que lle correspondera ó traballador/a tivese o seu consultorio en localidade distinta daquela na que prestan os seus servicios os/as traballadores/as, estes disporán do tempo necesario.

O/a traballador/a que teña que acudir a un consultorio médico estará obrigado a avisar anticipadamente á empresa, a cal porá á disposición do traballador/a o xustificante correspondente, que deberá devolver á empresa unha vez cuberto polo médico.

Para a súa asistencia á consulta do especialista, os traballadores terán dereito a todo o tempo necesario logo de presentación do volante do médico de cabeceira. Ademais terán dereito a un día de asistencia ó especialista fóra da localidade.

Así mesmo, terán dereito a 3 horas retribuídas para asistir a consultorio médico con fillos menores de 12 anos ou fillos minusválidos calquera que sexa a súa idade, cun máximo de tres veces ó mes, sempre que a súa xornada laboral sexa coincidente co horario de consulta médica e co horario do seu cónxuxe ou compañeiro ou compañeira. Os procesos de rehabilitación non terán a consideración de consulta médica para efectos do dereito regulado anteriormente.

Artigo 19º.-Roupas de traballo.

Proverase a tódolos/as traballadores/as de roupa de traballo adecuadas para traballar en lugares radiactivos ou infecciosos. Concederase a todo o persoal a adecuada e regulamentaria roupa de traballo, fundas para o persoal masculino e batas para o pesoal feminino cada seis meses, zapatillas cada tres meses ou ben zocos seis meses e guantes cada dez días.

Ós cristaleiros proveráselles de roupa de auga.

Con carácter exclusivo para centros hospitalarios e clínicos, as batas poderán cambiarse, de mutuo acordo e para todo o persoal do centro de traballo, por chaqueta curta e pantalón.

Artigo 20º.-Incapacidade temporal.

No caso de IT derivada de accidente laboral, tanto o acaecido no centro de traballo como o accidente in itinere, a empresa estará obrigada a completa-la prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do seu salario base do convenio máis a antigüidade máis o complemento de asistencia, desde o primeiro día da baixa.

Por outra banda, nos supostos de IT, calquera que fose a sua causa, que motiven a hospitalización do traballador, as empresas completarán durante a hospitalización a prestación económica da Seguridade

Social ata o importe íntegro do seu salario convenio máis a antigüidade e complemento de asistencia, se é o caso.

Se o/a traballador/a sufrise intervención cirúrxica, a obriga das empresas de complementa-la prestación á Seguridade Social estenderíase ó período de convalecencia e cunha duración máxima de noventa días naturais.

Artigo 21º.-Xubilación.

Os/as traballadores/as que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse á modalidade de xubilación determinada no Real decreto lei 14/1981, do 20 de agosto, e Real decreto 1194/1985, estando as empresas obrigadas a contratar simultaneamente no lugar da/o xubilado/a a outro traballador/a que sexa titular de dereito a calquera das prestacións económicas de desemprego ou xove demandante de primeiro emprego, tal e como dispoñen as normas citadas.

Establécese un premio por xubilacións anticipadas coas seguintes escalas:

De mutuo acordo entre ambas partes:

Ós 60 anos: 6 mensualidades de salario real.

Ós 61 anos: 4 mensualidades de salario real.

Ós 62 anos: 2 mensualidades de salario real.

Opción do traballador/a:

Ós 63 a 64 anos: 2 mensualidades de salario real.

Co fin de contribuír á realización dunha política de promoción de emprego, a xubilación, para o persoal fixo da empresa, terá carácter de forzosa ó cumpri-lo traballador/a a idade de 65 anos, establecéndose un premio de 1 mensualidade de salario real.

Aquelas/es traballadores/as que, ó chegaren a esta idade, non teñan cumprido o período mínimo de cotización á Seguridade Social para causaren dereito á referida prestación, poderán continuar prestando servicios ata cumpriren o citado período de cotización, momento no que se causará baixa de xeito inmediato.

A empresa cubrirá o posto de traballo segundo necesidades de servicio, non tendo que ser coincidente a xornada efectiva de traballo do que se xubila coa do traballador/a entrante.

Artigo 22º.-Traslados a centros de traballo.

Co fin de evitar posibles actuacións unilaterais por parte das empresas, cando un traballador/a leve dous meses ininterrompidos prestando os seus servicios nun centro de traballo da mesma empresa, quedará fixo, salvo que por parte da dirección do centro no que presta os seus servicios, existan queixas razoadas e xustificadas con respecto ó cumprimento do traballo do productor, ou por necesidade evidente da empresa de ocupa-lo noutro centro de traballo por enfermidade, vacacións e demais licencias do persoal do cadro. O dito traslado non poderá

ser superior a trinta días dentro do mesmo ano. O posto de traballo do traslado non poderá ser ocupado. No momento de proceder ó traslado, a empresa estará obrigada a comunicárllelo ós representantes legais dos traballadores coa fin de busca-la solución menos gravosa para o pesoal. O empresario estará obrigado, por outra parte, a respecta-la quenda que teña establecida o/a traballador/a, sempre que este realizase xornada completa nun único centro de traballo e existira outro centro de traballo coa mesma quenda.

Artigo 23º.-Adscrición do persoal.

1. Ó remate da concesión dunha contrata de limpeza, os traballadores da empresa contratista saínte pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, que subrogará en tódolos dereitos e obrigas, sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

a) Traballadores/as en activo que presten os seus servicios no dito centro cunha antigüidade mínima dos seis últimos meses, sexa cal fora a modalidade do seu contrato de traballo.

b) Traballadores/as que, no momento do cambio de titularidade da contrata se atopen enfermos, accidentados, en excedencia, no servicio militar ou situación análoga, sempre e cando teñan prestado os seus servicios no centro obxecto de subrogación con anterioridade á suspensión do seu contrato de traballo e que reúnan a antigüidade mínima establecida na letra a).

c) Traballadores/as que, con contrato de interinidade, substitúan a algún dos traballadores citados no punto anterior.

d) Traballadores/as de novo ingreso que por esixencias do cliente se incorporaran ó centro como consecuencia de ampliación de contrata, dentro dos seus últimos meses.

e) O persoal incorporado pola anterior titular a este centro de traballo dentro dos seis meses, seguirá pertencendo á dita empresa e non se producirá a subrogación citada, salvo que se acredite a súa nova incorporación ó centro e á empresa.

2. Tódolos supostos anteriormente citados deberán ser acreditados verídica e documentalmente pola empresa saínte á entrante no prazo de tres días hábiles, mediante os documentos que se detallan ó final deste artigo.

O indicado prazo contarase desde o momento en que a empresa entrante comunique veridicamente á saínte e á Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas de Edificios e Locais de Pontevedra, se-la nova adxudicataria do servicio. De non cumprir e sen máis formalidades, subrogarase en todo o persoal que presta os seus servicios no centro de traballo.

En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores/as só se extingue no momento no que se produza o dereito á subrogación deste á nova adxudicataria.

3. Non operará a subrogación no caso dun contratista que realice a primeira limpeza e que non teña subscrito contrato de mantemento.

4. Se a subrogación dunha nova titular da contrata implicase que un traballador/a realizase a súa xornada en dous centro distintos, afectando a un só deles o cambio de titularidade da contrata, os titulares destas xestionarán o pluriemprego legal do traballador/a, así como o desfrute conxunto do período vacacional, aboándolle a empresa saínte a liquidación por partes proporcionais das pagas correspondentes. Esta liquidación non implicará o finiquito se continúa traballando para a empresa.

5. A aplicación desta artigo será de obrigado cumprimento para as partes que vincula, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador/a.

Non desaparece o carácter vinculante deste artigo no caso de que a empresa adxudicataria do servicio o suspendese por un período inferior a dous meses; o dito persoal con tódolos seus dereitos adscribirase á nova empresa.

Documentos que lle deberá facilitar-la empresa saínte á empresa entrante:

-Certificado do organismo competente de estar ó día no pagamento á Seguridade Social.

-Fotocopia das catro últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.

-Fotocopia dos TC-1 e TC-2 de cotizacións á Seguridade Social dos catro últimos meses.

-Relación de persoal na que se especifique nome e apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data de desfrute das súas vacacións.

-Copia e documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais dos seus haberes ata o momento da subrogación, non quedando pendente cantidade ningunha. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data do inicio do servicio como nova titular.

Artigo 24º.-Absorción.

As melloras económicas contidas no seu conxunto no presente convenio compensarán ou absorberán aquelas melloras que se teñan producido voluntariamente e que veñan así cualificadas na nómina polas empresas desde a sinatura do último.

Artigo 25º.-Altas na Seguridade Social.

A empresa estará obrigada a entregarlles ós /ás traballadores/as fotocopia da súa alta na Seguridade Social, para o que disporá dun prazo de dúas semanas desde a súa incorporación ó traballo.

Igualmente, a empresa estará obrigada a colocar fotocopia dos boletíns de cotización nun taboleiro de anuncios nas súas oficinas.

Igualmente, a empresa está obrigada a facilitar ó comité de empresa ou delegados de persoal fotocopia dos boletíns de cotización.

Artigo 26º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio desfrutará de 30 días ininterrompidos de vacacións anuais retribuídas, entre os meses de xuño a setembro, ámbolos dous inclusive. O inicio das vacacións terá lugar en día laborable que non sexa nin sábado, domingo, festivo ou día de descanso.

En cada empresa elaboraranse as quendas correspondentes. Para a elección de quenda por parte dos traballadores/as, seguirase en cada empresa unha orde rotativa de preferencia, de tal maneira que quen tivo preferencia de elección de quenda o ano anterior, é o último á hora de elixir quenda no ano seguinte. Así mesmo, o traballador/a pluriempregado/a coordinará as súas vacacións nas ditas empresas para desfrutalas de forma conxunta, tomando como dato base a empresa onde traballa maior número de horas semanais; en todo caso aqueles traballadores/as que presten servicios en empresas que pechan por período vacacional, entenderase este como período de referencia para coordinar.

O seu aboamento farase en función do salario base do convenio, antigüidade, complemento de asistencia, complemento de transporte e complemento de nocturnidade. Os complementos de asistencia e transporte aboaranse como pro rata do tempo traballado durante o ano.

Os traballadores/as que con anterioridade ó período vacacional se encontren en situación de IT, terán dereito ó desfrute destas sempre que causen alta antes de finaliza-lo ano natural en curso.

O empresario saínte dunha contrata adxudicada a outra empresa, estará obrigada a liquida-la parte proporcional que lles corresponda ós/ás traballadores/as no concepto de vacacións.

Artigo 27º.-Vestiarios.

As empresas estarán obrigadas a solicitar ós seus clientes que se facilite un cuarto apropiado ás necesidades do persoal.

Artigo 28º.-Seguro de accidentes de traballo.

As empresas afectadas por este convenio colectivo subscribirán pólizas de seguro colectivo de accidentes de traballo en favor de tódolos/as traballadores/as que teñan máis de media xornada e daqueles que, calquera que sexa a súa xornada, realicen tarefas dun certo risco ou se dediquen de xeito habitual á limpezas de cristais a alturas superiores a 1,80 m.

O resto dos/as traballadores/as tamén estarán incluídos na mencionada póliza, se ben nese caso os capitales asegurados que se indican se reducirán á metade.

O dito seguro cubrirá, con carácter xeral, as seguintes garantías mínimas:

-Morte ou invalidez total: 2.000.000 de ptas.

-Invalidez absoluta ou grande invalidez: 2.500.000 ptas.

As ditas continxencias deberán derivarse en calquera caso de accidente laboral incluído o accidente in itínere e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas que lles correspondan ós/ás traballadores/as en virtude de lexislación laboral vixente.

Artigo 29º.-Axudas de custo.

Os/as traballadores/as que por razóns de prestación de servicio sexan desprazados a lugares de traballo sitos fóra do municipio da súa residencia e que non teñan a condición de traslado do artigo 40 do Estatuto dos traballadores, terán dereito á indemnización polos gastos orixinados que recibirá o nome de axudas de custo, devengando media axuda de custo cando o traballador deba realizar unha comida; axuda de custo completa, cando deba realizar dúas comidas, e axuda de custo completa con pernoctación cando deba efectuar dúas comidas e pasa-la noite fóra do domicilio do traballador.

A contía das axudas de custo será a seguinte:

Ano 1999

a) Media axuda de custo: 1.941 ptas./día.

b) Axuda de custo completa: 3.450 ptas./día.

c) Axuda de custo con pernoctación: 5.750 ptas./día.

Ano 2000

a) Media axuda de custo: 1.990 ptas./día.

b) Axuda de custo completa: 3.536 ptas./día.

c) Axuda de custo con pernoctación: 5.894 ptas./día.

Artigo 30º.-Acción sindical e garantías de cargos sindicais.

En todo o relacionado con esta tema aplicarase o disposto nos artigo 61 e seguintes do Estatuto dos traballadores, determinándose que cando un representante legal deba saír da empresa para exercer funcións de representación, deberá comunicarllo a esta o día anterior, salvo situacións excepcionais que se terán que xustificar posteriormente. Como xustificante será válido o comprobante dos organismos oficiais ou da central sindical correspondente.

Os/as delegados/as sindicais terán 20 horas mensuais retribuídas para realiza-lo seu cometido de representación nas empresas con máis de 25 traballadores/as.

Poderanse formar seccións sindicais, en tódalas empresas de máis de 50 traballadores/as, como se estipula na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Será obrigatorio colocar un taboleiro de anuncios para a información sindical, nas empresas que teñan centros de traballo con máis de 6 traballadores/as, que se axustará ó disposto no Estatuto dos traballadores.

De acordo co establecido no artigo 68 e) do Estatuto dos traballadores, en cada empresa poderase establece-la acumulación do crédito horario dos representantes legais dos traballadores (delegados de persoal ou membros do comité de empresa) nun ou varios dos seus membros dunha mesma organización sindical, sen supera-lo máximo total de noventa horas.

Tanto o cedente como o cesionario do crédito horario deberán comunicar por escrito á dirección da empresa a cesión e acumulación de horas, cunha antelación de 5 días, na que figurará o seguinte:

-Nome do cedente e do cesionario.

-Número de horas cedidas e período polo que se efectúa a cesión, que haberá de ser por meses completos, ata un máximo dun ano.

Artigo 31º.-Asembleas.

Os traballadores/as dunha mesma empresa terán dereito a reunirse en asemblea, unha vez ó mes e por un tempo máximo de dúas horas durante a xornada, debendo comunicar á empresa a súa realización cunha antelación de 48 horas, salvo situacións excepcionais de conflicto ou folga, na que bastará con avisar con 24 horas de antelación.

Artigo 32º.-Finiquitos.

Os finiquitos carecerán de efectos liberatorios se, logo de petición escrita do/a interesado/a, non estivera visado polo comité de empresa, delegado/a de persoal ou, no seu defecto, polo sindicado ó que estea afiliado o/a traballador/a.

Artigo 33º.-Medidas de fomento de emprego e da contratación temporal.

Co fin de fomenta-la contratación e debido ós límites a este impostos a causa das últimas modificacións lexislativas, as partes acordan que a duración máxima do contrato eventual por circunstancias de producción será de 12 meses nun período de 15. Poderán acollerse a esta disposición os contratos que estean en vigor na data de publicación do presente convenio e aínda non esgotaran a súa duración máxima.

Nos casos nos que os/as traballadores/as asinen baixas voluntarias nas empresas, non terán validez se non van acompañadas da sinatura dun delegado/a de persoal ou membro do comité de empresa.

Artigo 34º.-Lexislación subsidiaria.

En todo aquilo que non quede determinado especificamente no presente convenio, aplicarase o disposto pola ordenanza de traballo para as empresas dedicadas a limpeza de edificios e locais, aprobada o 15 de febreiro de 1975, e no que nela non estea previsto ou regulado, serán de aplicación as normas establecidas na lexislación laboral xeral.

No suposto de derrogación da ordenanza laboral de limpeza de edificios e locais, os aspectos non regulados neste convenio provincial e que se recollan na ordenanza laboral derrogada, pasarán a formar parte provisionalmente do convenio provincial, men

tres non se negocie un convenio colectivo de ámbito superior que a substitúa.

Artigo 35º.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria do convenio, formada por representantes de ámbalas partes, que terá como finalidade vixia-lo cumprimento do convenio e da normativa laboral, en xeral.

Artigo 36º.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio son, en representación dos traballadores, as centrais sindicais comisións obreiras CC.OO., UGT e Confederación Intersindical Galega (CIG).

En representación dos empresarios, a Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas e Locais de Pontevedra.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio, e en xeral, para atender cantas cuestións se deriven da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria que estará integrada por 4 representantes empresariais e 4 representantes dos traballadores, todos eles de entre os integrantes da comision do convenio.

Independentemente da interpretación e seguimento do convenio a dita comisión reunirase polo menos unha vez cada tres meses, durante a vixencia do presente convenio, co obxecto de analizar estudia-la problemática do sector no seu sentido máis amplo.

Artigo 37º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas de limpeza non poderán contratar a través das empresas temporais (ETT) tanto para substitucións de vacacións, IT, etc., así como, calquera posto novo de traballo (ampliación de cadro de persoal, postos de nova creación, etc.).

En calquera caso, garantizarán que os traballadores/as postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles corresponden ós/ás traballadores/as en aplicación deste convenio.

Artigo 38º.-Formación.

As empresas de limpeza colaborarán coas organizacións empresariais e sindicatos para a realización de cursos de formación para os/as traballadores/as, segundo o acordo de formación continua, sendo as organizacións empresariais e sindicados os órganos autorizados e con competencias para desenvolve-lo dito labor.

Os/as traballadores/as que participen en cursos de formación continua teráselles en conta estes para efectos de promoción interna e de acceso ás categorías superiores.

Disposición adicional

As diferencias ou atrasos salariais producidos como consecuencia da aplicación retroactiva dos efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 1999, serán aboados polas empresas no prazo máximo de

45 días naturais contados desde a data da resolución do delegado provincial de Traballo, acordando a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos e a súa publicación no BOP.

Táboa de salarios 1999 e 2000

Categoría 1999 2000

Grupo I. Persoal directivo e técnico

* Subgrupo I. Persoal directivo
Director223.217228.797
Director comercial202.684207.752
Director administrativo202.684207.752
Xefe de persoal202.684207.752
Xefe de compras202.684207.752
Xefe de servicios202.684207.752

* Subgrupo II. Persoal titulado
Titulado grao superior160.719164.737
Titulado grao medio142.776146.345
Titulado laboral ou profesional121.424124.460

Grupo II. Persoal administrativo

Xefe administrativo de 1ª151.787155.582
Xefe administrativo de 2ª141.967145.516
Caixeiro128.574131.788
Oficial de 1ª121.426124.462
Oficial de 2ª108.040110.741
Auxiliar94.64097.006
Telefonista93.69896.041
Cobrador93.69896.041
Aspirante58.88060.352

Grupo III. Mandos intermedios

Encargado xeral141.992145.542
Supervisor ou encargado de zona128.575131.789
Supervisor ou encargado de sector117.870120.816
Encargado de grupo ou edificio101.970104.520
Responsable de equipo97.877100.324

Grupo IV. Persoal subalterno

Ordenanza93.69996.042
Almaceneiro93.69996.042
Listeiro93.69996.042
Vixilante93.69996.042
Botóns58.88060.352

Grupo V. Persoal obreiro

Especialistas103.310105.893
Peón especialista94.67397.040
Limpador ou limpadora93.67996.021
Conductor limpador111.283114.065

Grupo VI. Persoal oficios varios

Oficial103.303105.885
Axudante94.67397.040
Peón93.67996.021
Aprendiz de 16 a 18 anos58.88060.352