Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.755

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

CITACIÓN para notificacións da Delegación de Toledo.

Ó non se lle poder notificar ó interesado ou ó seu representante, por cuasas non imputables á Administración tributaria, e unha vez tentado por dúas veces, en cumprimento do disposto no artigo 105.6º da LXT (redacción por Lei 66/1997), cítase o interesado ou o seu representante para ser notificado por comparecencia na sede desta dependencia

provincial de recadación, en Toledo, na rúa Alfonso X el Sabio, número 1. En caso de non comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta citación, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do dito prazo, conforme o disposto no artigo 103.3º do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), nos seguintes termos: que, non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo

de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o órgano competente acordou:

«En uso das facultades que confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, en

caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

E ademais considerarase que foi notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que finalice a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.

Toledo, 1 de xullo de 1999.

Francisco Javier Pajares Álvarez

Xefe da dependencia de recadación

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteF. Pro. Ap.

04133127G

Llave Sánchez, Aurelio

Pz. Santa Leocadia, 8, 8º A,

Talavera Rei

Sanción Exp.: 1997/XC648 P. Ter. O.P. E.C1100098150100169300.00013-11-1998

X1911067C

Ventura Mendonca, Antonio Jorge

C/ Luis Lamarca, 15-12, Valencia

Vehic. Exp: 1997/01737. Liq: 62060148C110009854003775010.24120-01-1999

Recursos:

Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós órganos económico-administrativos da Comunidade Autónoma.

Motivos da impugnación:

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (Art. 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Aprazamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión dela.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión de procedemento:

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).

Solicitude de aprazamento:

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas no período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou admi

nistracións da AEAT do territorio en que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento:

Na entidade que presta o servicio de caixa na delegación de Administración da AEAT.

Xuros de demora:

As cantidades debidas, excluída a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

Custas:

En caso de se produciren custas no procedemento, a Administración cargaralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso:

Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación.

a) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediato hábil posterior.

b) Recibida a notificación entres os días 16 e último de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia en forma do interesado:

Advírteselle ó debedor que pode comparecer, en por si ou por medio de representante, no expediente executivo que se segue contra el. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparecer en forma o interesado, terase por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substantivación do procedemento sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.