Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 22 de xullo de 1999, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución número 2 das vixentes normas subsidiarias

de planeamento do concello, segundo o proxecto redactado polo arquitecto Juan Piñero Ferradas.

Durante o prazo dun mes contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo seu contido nas dependencias do Concello de Soutomaior e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Soutomaior, 23 de xullo de 1999.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde