Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da subministración dun vehículo tipo turismo.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: subministración de adquisición dun (1) vehículo tipo turismo, coas características e cali

dades mínimas descritas no prego de prescricións técnicas.

b) Lugar de entrega: dependencias da sede central do IGVS.

c) Prazo de entrega: un (1) mes contado a partir da data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento máximo autorizado: tres millóns oitocentas mil pesetas (3.800.000 ptas.), IVE incluído.

5. Garantía provisional: setenta e seis mil pesetas (76.000 ptas.).

6. Garantía definitiva: cento cincuenta e dúas mil pesetas (152.000 ptas.).

7. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede central do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

8. Presentación de proposicións:

a) Modelos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

c) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

d) Lugar de presentación: no rexistro da sede central do IGVS.

9. Apertura de proposicións:

a) Lugar: sala de xuntas da sede central do IGVS.

b) Data: o décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, o acto público de apertura das proposicións trasladarase ó seguinte día hábil.

c) Hora: ás 10 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1999.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo