Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación módulo liña Tambre II - Santiago II, 220 kV (A Coruña). (Expediente 30728).

Examinado o expediente instruído por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio para

efectos de notificación na Avda. de Arteixo, 171; 15007 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-O día 17 xullo de 1999 a empresa Unión Fenosa, S.A. solicita a autorización administrativa da ampliación módulo liña Tambre II 220/66 kV e a aprobación do seu proxecto de execución.

Acompañan á dita solicitude o preceptivo proxecto a que fan referencia os artigos 8 e 10 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Módulo de 220 kV para a liña Tambre II - Santiago II equipado cun interruptor automático tripolar en SF6, tres seccionadores, pantógrafo para barras, seccionador tripolar para barras, seccionador tripolar con coitelas de posta a terra.

-Transformadores de intensidade e tensión, sistemas de protección, telecontrol, sinalización e medida.

Segundo.-O citado anteproxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 10-2-1999, publicándose no Diario Oficial de Galicia do 24-3-1999 e no BOP da Coruña do 11-3-1999.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industia é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia eléctrica e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autoriza-la ampliación dun módulo 220 kV para a liña Tambre II na subestación Santiago II.

-Aproba-lo proxecto de execución do citado módulo.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria