Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/30-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: ampliación da subestación de Velle.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: composta actualmente por un parque de 220 kV de dobre barra con acoplamento entre ambas, dúas transformacións de 220/20 kV de 40 MVA cada unha, dúas posicións de transformación 220/11 kV dos xeradores de grupo de 50 MVA cada un e unha posición de liña á central hidráulica de Castrelo.

Amplíase cunha nova posición de liña de 220 kV á central hidráulica de San Pedro (propiedade de Iberdrola, S.A.), equipada cun interruptor tripolar, 2 seccionadores tripolares tipo pantógrafo, 3 transformadores de intensidade, 1 seccionador tripolar rotativo con coitelas de liña de posta a terra, 3 transformadores de intensidade inductivos, 3 autoválvulas e equipos de protección, mando e medidas necesarias.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

Ourense, 12 de xullo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense