Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/63-2, 5188 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: cambio tensión a 20 kV zona do parque Rosalía Castro (Lugo).

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea C.T. goberno civil-C.T. rúa Vilalba-C.T. Recatelo-C.T. rúa Ribadeo-C.T. parque Rosalía Castro-C.T. praza de Avilés-C.T. politécnico-C.T. Ferial de 850 m a 20 kV baixo tubo de polietileno en conductor R.H.V. Reforma do C.T.I. da rúa Vilalba (Lugo) de 630+400 kVA e relación 20.000/420-270 V e 20.000/420 V respectivamente. Reforma do C.T.I. da rúa Ribadeo (Lugo) de 400 kVA e relación 20.000/420 V. Reforma C.T.I. do parque Rosalía de Castro (Lugo) de 630 kVA e relación 20.000/420-270 V. Reforma do C.T.I. da praza de Avilés (Lugo) de 630+630 kVA

e relación 20.000/420-270 V e 20.000/420 V respectivamente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 10 de xuño de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo