Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-00023-O-1999 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñeren recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do plazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións, firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

LU-00023-O-1999

SS-5858-P

G.C. Tráfico

Domingo Prado Rois

San Juan Tirimol-Ramil, 13

27298 Lugo

Circular transportando carga útil en réxime de servicio público, carecendo de tarxeta de transportes.

26-12-1998; 13; C-691; 22,800

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990.143 Lei

16/1987, 201

R.D. 1211/1990.

250.000 ptas.

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

LU-00050-O-1999

M-0938-JF

G.C. Tráfico

Transportes Hermanos Mosteiro Sánchez, S.L.

Benigno Vázquez, 21, 2º D

27560 Monterroso (Lugo)

Non facilitar á inspección o exame da documentación obrigatoria, tarxeta de transportes, quérea retirar do parabrisas por requirimento do axente para ser inspeccionada e comprobar posibles anomalías.

15-1-1999; 15; N-VI; 432,7

Artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro).143 Lei

16/1987, 201

R.D. 1211/1990.

250.000 ptas.