Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1999 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia para a execución da enquisa de intercambios de mercadorías co Norte de Portugal, 1998.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría e asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica-Administrativa.

c) Nº de expediente: 641.0/201/02.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: traballos de campo da equisa de intercambios de mercadorías co Norte de Portugal (ano de referencia 1998), e gravación do cuestionario de clientes/provedores.

b) Prazo de execución: 75 días e seguindo o calendario establecido no punto 6 do prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 4.500.000 pesetas (27.045,54 euros).

5. Garantía provisional: 90.000 pesetas (540,91 euros).

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. Código postal 15702. Tfno.: 981 54 13 21, e fax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro do IGE en horario de 9 a 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das ofertas: o noveno día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 horas nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio correrá por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1999.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística