Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

O alcalde-presidente do Concello de Ames, en Decreto 316/1999, do 9 de agosto de 1999, acordou aprobar definitivamente o documento denominado Proxecto de Urbanización do Polígono Industrial do Milladoiro, Ames, A Coruña, e que fora aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno en sesión do 18 de maio de 1999, téndose exposto ó público mediante anuncios publicados en El Corrego Gallego, correspondente ó día 27 de maio de 1999 e no Diario Oficial de Galicia, nº 108, correspondente ó día 8 de xuño de 1999, sen que se presentasen reclamacións contra o dito documento.

O que se fai público de acordo co establecido no artigo 48 da Lei 1/1999, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdicción, contados a partir do seguinte ó que apareza publicado este edicto no último BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Ames, 17 de agosto de 1999.

O alcalde

Rubricado