Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Remolcadores de Vigo, S.A., Remolcavisa.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Remolcadores de Vigo, S.A., Remolcavisa, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-4-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 12-4-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 1 de xullo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio será de aplicación para a empresa Remolcadores de Vigo, S.A. Remolcavisa, e ó persoal de flota do seu buque.

Artigo 2º.-Vixencia, prórroga e denuncia.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999, con independencia da data de publicación no BOE.

A súa vixencia será dun ano con efectos ata o 31 de decembro de 1999 e será denunciado alomenos cun mes de antelación á data do seu vencemento; en caso contrario, verase prorrogado por períodos anuais sucesivos.

Mentres as partes, unha vez denunciado o convenio, non asinen un novo que o substitúa, este convenio continuará vixente na súa totalidade.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

Para tódolos efectos, este convenio constitúe unha unidade indivisible, polo que non poderá entenderse unha ou varias das súas cláusulas, desbotando o resto, senón que terá que ser aplicado e observado na súa integridade e considerado globalmente.

Se a autoridade laboral competente non aprobase algunha das normas deste convenio e este feito des

virtuase o seu sentido, a xuízo das partes, quedará sen efecto a totalidade do convenio, que deberá ser considerado de novo pola comisión negociadora.

Artigo 4º.-Compensación e abosorción futuras.

O conxunto das condicións salariais pactadas neste convenio absorberán e compensarán, no seu conxunto e no cómputo anual, calquera outra mellora parcial que, por disposición legal de carácter xeral e específica para o sector, pactada por calquera orixe que fose, no futuro se puidese establecer.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

En todo o establecido neste convenio respectaranse as condicións máis beneficiosas colectivas e ad personam existentes, sempre que no seu conxunto e en cómputo anual sexan superiores ás establecidas neste convenio.

Artigo 6º.-Período de proba.

1. Toda admisión de persoal fixo para as actividades comprendidas neste convenio considerarase provisional durante o período de proba, variable, de acordo co labor ó que o tripulante se dedique, que non poderá ser superior á establecida na seguinte escala:

a) Titulados: 75 días.

b) Mestranza e subalternos: 30 días.

2. En caso de que o período de proba remate no transcurso dunha travesía, este considerarase prorrogado ata que o buque chegue a porto, pero a vontade por parte do armador de rescindi-lo contrato de traballo por non supera-lo período de proba, deberalle ser comunicada por escrito ó tripulante nos prazos establecidos no número anterior.

En caso de non se cumpri-lo establecido no parágrafo anterior, considerarase o tripulante como fixo de cadro.

3. Nos casos de rescisión de contrato por fin de período de proba, por vontade do traballador, os gastos de viaxe serán pola súa conta. En caso de que a rescisión sexa por vontade da empresa, os gastos de viaxe ó domicilio cotián do traballador serán por conta da empresa.

4. Concluído o período de proba a satisfacción de ámbalas partes, o tripulante pasará a figurar no cadro de persoal fixo da empresa, e o tempo de período de proba seralle computado para os efectos de antigüidade.

5. A empresa, no suposto de rescisión durante o período de proba, entregará a documentación relativa ó tempo efectivamente traballado e o certificado de empresa das cotizacións efectuadas á Seguridade Social.

6. Unha vez rematado o período de proba por vontade da empresa e coa chegada á porto, o traballador percibirá unha gratificación de viaxe consistente en dous días de salario.

7. A situación de incapacidade laboral transitoria (ILT) durante o período de proba, interrompe o cómputo del.

Artigo 7º.-Comisión de servicio.

Entederase por comisión de servicio, a misión profesional ou cometidos especiais que, circunstancialmente, ordene a empresa realizar ós tripulantes en calquera lugar, así como a expectativa de embarque cando o tripulante se atope fóra do seu domicilio por orde da empresa.

En comisión de servicio, os tripulantes devengarán o salario real que viñan desfrutando no seu posto normal de traballo, así como vacacións de convenio.

Se a comisión de servicio se realizase fóra do domilio do tripulante, este percibirá as axudas de custo estipuladas neste convenio.

Cando a comisión de servicio teña unha duración superior a 15 días e se realice no domicilio do tripulante, devengaranse vacacións segundo o establecido na OTMM (ou norma que a substitúa). En calquera caso, os gastos que poidan realizarse aboaranse logo de xustificación, debendo a empresa adiantar unha cantidade estimada polo importe dos ditos gastos.

O delegado, durante a negociación do convenio, manterase en comisión de servicio.

Artigo 8º.-Transbordo.

Enténdese como tal o traslado do tripulante dun buque a outro da mesma empresa dentro do transcurso do período de embarque. Existen dúas clases de transbordo:

a) Por iniciativa da empresa. Por necesidades de organización ou servicio, o transbordo será disposto pola empresa; para este efecto seguiranse os seguintes criterios:

a.1) Criterio de excepción para o delegado.

a.2) Orde inversa ó da antigüidade na empresa.

a.3) Non ter sido tansbordado máis dunha vez durante o período de embarque.

a.4) Se o tripulante fose transbordado a un buque en que a percepción salarial fose maior á que tiña en condicións homoxéneas de traballo, percibirá por unha soa vez por campaña e en concepto de indemnización, unha cantidade equivalente á diferencia que resulte entre o percibido no seu último destino e o novo.

b) Por iniciativa do tripulante. Cando por razóns do lugar en que estea o domicilio e outras xustificadas, o tripulante así o solicite e a empresa llo poida proporcionar. En ámbolos casos, ata que o traballador non estea enrolado no novo buque permanecerá nas condicións que viña desfrutando no buque anterior do cal desembarcou, sendo por conta da empresa os gastos de transporte que ocasione o tripulante.

Artigo 9º.-Expectativa de embarque.

Considerarase expectativa de embarque a situación do tripulante que se atopa no seu domicilio, procedente dunha situación diferente á de embarque ou comisión de servicio dispoñible e a ordes da empresa. A expectativa de embarque durará ata o día anterior no que o tripulante saia do seu domicilio para entrar en situación de servicio de empresa.

En ningún caso se poderá mante-lo tripulante por un tempo superior a 30 días; a partir dese momento pasará á situación de comisión de servicio.

Durante a expectativa de embarque, o tripulante percibirá o salario profesional e desfrutará das vacacións de ordenanza.

Artigo 10º.-Licencias.

1. A maiores do período convido de vacacións, recoñécese o dereito a desfrutar de licencias polos motivos que a seguir se enumeran:

De índole familiar, para asistir a cursos ou exames para a obtención de títulos ou nomeamentos superiores, ou cursos de carácter obrigatorio, complementarios ou de perfeccionamento e capacitación na mariña mercante que sexan necesarios por lei, a empresa verase obrigada a facilita-la obtención dos ditos cursos ós traballadores do cadro e para asuntos propios.

2. A concesión de toda esta clase de licencias correspóndelle ó armador. O peticionario deberá presenta-la oportuna instancia e o armador adoptará a resolución sobre dela, dentro dos 30 días seguintes á súa solicitude.

Nos supostos de licencias por motivos de índole familiar, os permisos que se soliciten deberán ser concedidos polo capitán no momento de ser solicitadas, desembarcando ó tripulante no primeiro porto cos medios máis directos de desprazamento e dentro dos límites xeográficos recollidos no punto número 3.

3. Os gastos de desprazamento para o desfrute de licencias correrán por conta do peticionario a excepción dos ocasionados por morte do cónxuxe ou fillos, que correrán por conta do armador, quedando restrinxido o dereito a desembarque e reem

barque a tódolos portos de Europa, Mar Mediterráneo, Mar Negro e os portos de África ata o paralelo Noadibou. Non obstante, quedan excluídas destas limitacións xeográficas as causas de enfermidade grave ou morte do cónxuxe ou fillos.

4. Licencias por motivo de índole familiar

Estas licencias serán retribuídas nos seguintes casos:

-Matrimonio: 20 días.

-Nacemento de fillos: 15 días

-Enfermidade grave de cónxuxe, fillos, pais, irmáns, mesmo políticos: 15 días.

-Morte de cónxuxe e fillo, mesmo políticos: 15 días.

-Morte de pais e irmáns, mesmo políticos: 12 días.

-Traslado de domicilio: 1 día.

Malia isto, estes prazos e atendendo as excepcionais circunstancias que poidan concorrer nalgunhas situacións xustificadas, a empresa concederá os días necesarios.

Ningunha das licencias descritas nestes puntos do número 4 serán acumuladas ás vacacións, a excepción da de por matrimonio que si se poderá acumular. Malia o parágrafo anterior, o tripulante embarcado, logo de comunicación á compañía naval, poderá optar á dita acumulación en caso de natalidade.

Os tripulantes que desfruten das licencias previstas neste punto percibirán o seu salario profesional.

As licencias empezarán a contar desde o días seguinte ó do desembarco:

5. Cursos por necesidade da empresa:

Cando algúns dos cursos se realicen por necesidade da empresa, o traballador encontrarase en situación de comisión de servicio durante todo o tempo en duren os cursos. Se os tripulantes se integrasen a calquera dos cursos en vacacións, estas quedarán interrompidas. Unha vez rematado o curso, seguirá o desfrute delas.

6. Licencias por asuntos propios:

Os tripulantes poderán solicitar licencias por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admiten demora por un período de dous días ata seis meses, que poderán concederse polo armador en atención ós fundamentos que expoña o solicitante e as necesidade do servicio.

Estas licencias non terán dereito a retribución de ningunha clase.

Artigo 11º.-Excedencias.

1. Excedencia voluntaria:

Poderaa solicitar todo tripulante que conte polo menos cun ano de antigüidade na empresa. As peticións resolveranse no prazo de trinta días seguintes ó da data de presentación.

O prazo mínimo para as excedencias será de seis meses e o máximo de cinco anos. Se o excedente, un mes antes de finaliza-lo prazo para o que se lle concedeu a excedencia, non solicitase o seu reingreso na empresa, causará baixa definitivamente nela.

Se solicitase o reingreso, este efectuarase tan pronto como exista vacante na súa categoría.

No suposto de que non existise vacante na súa categoría e o excedente optase voluntariamente por algunha categoría inferior, dentro da súa especialidade, percibirá o salario correspondente a esta ata que se produza a súa reincorporación á categoría que lle corresponde.

O excedente, unha vez reincoporado á empresa, non poderá optar á solicitude dunha nova excedencia ata que non transcorresen alomenos catro anos de servicio activo na compañía, desde a finalización daquela.

O tempo transcorrido nesta situación non se computará para ningún efecto.

2. Excedencia forzosa:

Dará lugar á situación de excedencia forzosa calquera situación orixinada polas seguintes causas: nomeamento para calquera cargo político ou sindical de ámbito provincial ou superior, electivo ou por designación.

Nos casos de cargo político ou sindical, a excedencia comprenderá todo o tempo que dure o cargo que o determine e outorgará dereito a ocupa-la mesma praza que desempeñaba anteriormente, computándose o tempo de excedencia como en activo para tódolos efectos.

O excedente deberá solicita-los seu ingreso dentro dos tres trinta días seguintes ó do cesamento no seu cargo político ou sindical. En caso de non exerce-la dita petición dentro deste prazo perderá o seu dereito ó reingreso na empresa.

Artigo 12º.-Escalas.

A empresa levará obrigatoriamente unha escala pública en que figure todo o persoal dela, co seu cargo e antigüidade.

A devandita escala deberase encontrar actualizada anualmente e a disposición directa dos tripulantes do buque, e seralle entregada copia dela ó delegado de persoal.

Artigo 13º.-Axudas de custo e viaxes.

Axuda de custos é a cantidade que se devenga diariamente para satisface-los gastos de manutención e estadías que orixinen no desprazamento fóra do domicilio.

Percibiranse axudas de custo nos seguintes casos:

1. Comisión de servicio fóra do domicilio.

2. Durante o tempo de viaxe necesario para o embarque ou desembarque ata a chegada ó seu domicilio.

3. Na expectativa de embarque fóra do domicilio.

As axudas de custo en territorio nacional pagaranse a razón de 8.655 ptas./52,02 euros, por cada unha das viaxes, sexa para o embarque ou de regreso ó domicilio, establecendo os seguintes conceptos e valores:

Xantar: 1.980 ptas./11,90 euros.

Cea: 1.730 ptas./10,40 euros.

Almorzo: 550 ptas./3,31 euros.

Aloxamento: 4.395 ptas./26,41 euros.

A empresa entregará como mínimo a cantidade de 5.000 ptas./30,05 euros ós traballadores (en concepto de anticipo) para que poidan satisface-los gastos que se orixinen no desprazamento ó embarque ou ó desembarque, xustificando os gastos ocasionados; en caso de que por motivos xusticados teñan que se realizar gastos superiores, entregaranse na empresa os recibos oportunos para a súa consideración para efectos de reembolso.

No estranxeiro, a empresa estará obrigada a facilita-los medios de transporte e aloxamento máis idóneo e adecuado ó tripulante.

A empresa aboará os gastos de viaxe; o tripulante elixirá o medio de transporte máis idóneo, adecuado e directo; quedarán excluídos os taxis de aluguer e as clases de luxo. Para os taxis de longo percorrido considerarase como tal as distancias superiores a 25 quilómetros.

En caso de uso destes medios, a súa utilización deberá estar xustificada por falta de billetes doutro tipo para o seu urxente embarque ou porque da súa utilización se deriven maiores economías cós propios gastos. O tripulante presentará os comprobantes.

En todo caso, o tripulante percibirá por adiantado da compañía naval, do armador ou do seu representante o importe aproximado dos gastos de locomoción e axudas de custo, en caso de que non entreguen os correspondentes billetes de pasaxe.

No caso de que os gastos de desembarco por accidente ou enfermidade sexan aboados pola empresa ós tripulantes, estes estarán obrigados a lle enviar a aquela os correspondentes xustificantes.

Artigo 14º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de corenta horas semanais. A diferencia entre esta xornada e a que se realice na mañá do sábado compensarase en descansos anuais para os tripulantes na forma que se detalla no artigo 16º o presente convenio. Os sábados, domingos e festivos soamente se empregarán para gardas de mar, gardas de fonda, emerxencia do buque ou a carga, así como para as manobras de porto e ancoraxe sempre e cando se realicen dentro da xornada laboral que ten asignada a tripulación nun día ordinario, incrementándose cun complemento de gardas e traballos, que se establece en 243 ptas./1,46 euros hora.

No caso de que estes traballos se realizasen fóra do horario establecido para os tripulantes nun día ordinario, pagarase o valor establecido para a hora extraordinaria de acordo coa respectiva categoría.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias serán de libre ofrecemento por parte do armador ou os seus representantes e a prestación delas será sempre voluntaria por parte dos tripulantes, agás nos seguintes supostos:

1. Os traballos de ancoraxe, atraque e desatraque, emendadas previas, aperturas e cerramentos de zapóns e arranches.

2. No mar, sempre que as necesidades da navegación así o esixan para chegar a bo fin a viaxe iniciada en buque e en porto cando a programada saída do porto o requira.

3. Atención da carga e das operacións necesarias para que o buque poida realiza-la carga e descarga. Así como aprovisionamento sempre e cando por te-lo buque que se botar ó mar inmediatamente, non poida realizarse en xornada laboral. Nestes casos utilizarase unicamente o persoal estrictamente necesario.

4. Atención de autoridades en porto e traballos similares de ineludible realización.

5. En situación de socorro a outros buques ou persoas en perigo ou cando fosen necesarias ou urxentes durante a navegación para a seguridade do buque, persoas ou cargamento.

6. Nos supostos de formalidades alfandegueiras, corentena e outras disposicións sanitarias.

A natureza das horas extraordinarias na mariña mercante ten carácter especial, consideraranse como horais estructurais, dado que se producen por continxencias necesarias na navegación, imprevisibles na maior parte dos casos. Pola consideración do buque como centro de traballo da tripulación, o réxime especial da mariña mercante fai que a compensación retribuída das horas extraordinarias teña unha natureza específica de cálculo do seu valor.

Establécese unha garantía retributiva para as horas extraordinarias, o valor das cales está recollido na táboa salarial anexa.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións devengaranse a razón de 0,5 días por cada día de embarque, a razón de trinta días de vacacións por cada sesenta días de embarque ou situación similar. Cando por necesidades do servicio fose necesario o embarque dun tripulante antes de remata-las súas vacacións, se ben o embarque non se producirá antes do desfrute das 4/5 partes delas. En calquera caso, o embarque anticipado non se deberá producir en dúas ocasións consecutivas. En casos de alta por enfermidade ou accidente, o tripulante pasará a desfrutar das vacacións que teña devengadas, non rexendo o parágrafo mínimo a que se refire o parágrafo anterior.

Consideraranse como situación asimilada a embarco para efectos de vacacións, as seguintes: expectativa fóra de domicilio, desprazamento para embarque, reparacións para o buque e baixas por accidente de traballo ou enfermidade que requira hospitalización e polo tempo que precise a dita hospitalización.

Artigo 17º.-Relevos de pesoal de vacacións.

Empresa e tripulantes están obrigados ó estricto cumprimento do réxime de vacacións establecido neste convenio; en ningún caso poderán ser compensadas economicamente, e admítese como límite de flexibilidade o regulado a seguir:

A empresa poderá efectua-los relevos de persoal que teña que desfrutar das súas vacacións da seguinte forma: quince días antes daquel en que corresponda o devengo delas ata 15 días despois do dito prazo de devengo.

Artigo 18º.-Incremento salarial.

Os valores salariais están reflectidos na táboa salarial anexa a este convenio e entrarán en vigor a partir do 1-1-1999.

Artigo 19º.-Traballos especiais.

Teñen consideración de traballos especiais aqueles, a realización dos cales, en condicións normais, non é obrigatoria para os tripulantes, por corresponde-los ditos traballos a traballadores en terra.

Dado o carácter voluntario da realización destes traballos, o tratamento económico pactarase libremente entre o armador e os traballadores.

Exclúense aqueles traballos que tradicionalmente se viñeron efectuando.

Este punto será desenvolto pola comisión paritaria, formada polo empresario e os traballadores.

Artigo 20º.-Baixas por enfermidade profesional e accidente laboral.

Durante o tempo de baixa por enfermidade profesional ou accidente, percibirase o 100% da base de cotización do tripulante afectado, durante os trinta primeiros días; o resto, segundo a lexislación vixente, referido sempre ó mes embarcado inmediatamente anterior ó da súa baixa, devengado neses trinta días de vacacións de convenio.

Os traballadores que con ocasión dun accidente resultasen incapacitados para o exercicio da súa profesión mariña terán dereito a se incorporaren a un posto no cadro de persoal de Remolcavisa de terra, nos postos de nova creación ou vacantes que se produzan na categoría profesional adecuada. Se for necesario mesmo se facilitaría a reciclaxe profesional axeitada.

Artigo 21º.-Seguro de accidentes.

Establécese por conta da empresa e a favor dos tripulantes un seguro de accidentes para cubri-los riscos de morte e invalidez permanente, coas seguintes contías:

Por morte: 5.000.000 de ptas./30.050,60 euros.

Por invalidez permanente: 5.000.000 de ptas./30.050,60 euros.

Artigo 22º.-Perda de equipaxe a bordo.

En caso de perda de equipaxe a bordo por calquera membro da tripulación, debido a naufraxio, incendio ou a calquera outro accidente non imputable ó ou ós prexudicados, a empresa aboará como compensación as seguintes cantidades:

A) Por perda total: 100.000 ptas./601,01 euros.

B) Por perda parcial, unha cantidade que non será superior ás 100.000 ptas./601,01 euros a xuízo do capitán, unha vez oído o delegado dos tripulantes e o interesado.

En caso de que a empresa aboe indemnización de vestiario ou facilite uniforme e estes artigos fose danados, a indemnización reducirase nun 20%.

En caso de falecemento do tripulante, esta indemnización seralles aboada ós seus herdeiros.

Artigo 23º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse con carácter extraordinario 2 pagas extras na contía establecida para o salario profesional, unha antes do 30 de xuño e outra antes do 15 de decembro.

Artigo 24º.-Roupa e servicios de lavandería.

1. A roupa de traballo será por conta da empresa segundo o establecido nas normas de seguridade e hixiene no traballo.

2. O lavado da roupa de cama, toallas e servicios de fonda correrá por conta da empresa, que tamén proverá o buque de medios pertinentes para o lavado dos efectos persoais dos tripulantes (lavadora, ferro de pasa-la roupa e secadora).

Roupa de traballo a bordo:

Todo o persoal embarcado disporá en perfecto uso dos efectos seguintes:

A) Oficiais de ponte:

Disporán de funda, un equipo de auga completo, un casco (lanterna e luvas), segundo necesidades e en cantidades suficientes (ante entrega do vello).

B) Oficiais de máquinas:

Disporán de dúas fundas, un casco, calzado especial de seguridade, lanterna e luvas, segundo necesidades e en cantidades suficientes (ante entrega do vello).

C) Contramestres e mariñeiros:

Disporán de tres fundas ou similar, un equipo de auga completo, un casco, calzado especial (lanterna e luvas), segundo necesidades e en cantidades suficientes (ante entrega do vello).

D) Engraxadores:

Percibirán ós mesmos efectos cós de cuberta, agás as roupas de auga, xa que utilizarán a xa citada comunmente, para o departamento de máquinas.

E) Persoal de cociña:

Os cociñeiros disporán de dúas chaquetas curtas brancas, dous pantalóns, tres camisetas brancas e seis mandís.

Os camareiros disporán de dúas chaquetas curtas brancas e de dous pantalóns.

Todo persoal embarcado disporá dunha cartilla en que reflicta a roupa e efectos que reciben. Os efectos transferibles (cascos, lanternas, roupa de augas, etc.). Seranlles entregadas ó desembarcar ós seus respectivos xefes de departamento.

Os criterios para cambio de roupa serán levados segundo o estado de uso dos devanditos efectos.

A comisión de a bordo, delegado dos tripulantes ou membros do comité de empresa de flota, xunto co xefe de departamento, determinarán o estado deles.

Artigo 25º.-Traballo de reparación.

Estando o barco en reparación fóra do porto base, o persoal embarcado estará nas mesmas condicións que co barco en servicio para tódolos efectos.

Co barco no porto base, o persoal que traballe a bordo farao a xornada normal e os días computarán como embarcados. Se durante a realización dos cita

dos traballos non se lles dá servicio de comidas e dormida a bordo, aboaráselles as axudas de custo establecidas no artigo 13º deste convenio; tamén se lles entregará o importe das viaxes que teñan que realizar para os seus desprazamentos para efectuaren os ditos labores (ós que residan fóra da localidade en que se realice a reparación).

Artigo 26º.-Comidas especiais.

Enténdese por comidas especiais as que se preparan para datas sinaladas como os días: 1 de maio (Festa do Traballo), 16 de xullo (Virxe do Carme), 24 de decembro (Noiteboa) e 31 de decembro (Fin de Ano). A cantidade, calidade e tipo de comida para estes días será a criterio do cociñeiro e da comisión de comidas, e a empresa correrá cos gastos.

A manutención, para ningún efecto terá a consideración de salario, xa que logo, non será esixible durante as vacacións, permisos, licencias, baixa por enfermidade, accidentes ou outras situacións similares. Tampouco se aboará coas pagas extraordinarias nin con calquera outro devengo que recoñeza a ordenanza de traballo da mariña mercante.

Artigo 27º.-Cadro de persoal operativo.

Establécese o seguinte cadro de persoal operativo:

B/Mariñeiro:

Capitán.

Xefe de máquinas.

1º oficial de ponte.

1º oficial de máquinas.

Cociñeiro.

Contramestre.

Engraxador.

Artigo 28º.-Actividade sindical.

Norma 1:

O tripulante que resulte elixido como representante ou delegado de empresa exercerá as súas funcións sindicais representantivas con toda liberdade durante o tempo para o que fose elixido, a salvo sempre das súas obrigas de traballo.

O exercicio destas funcións concrétase nas seguintes facultades:

1. Expresar con enteira liberdade as súas opinións en materias tocantes á esfera da representanción sindical.

2. Reunirse co resto da tripulación para deliberar sobre temas de actividade sindical.

3. Promove-las accións que procedan para a defensa dos dereitos ou do interese sindical dos seus representados.

4. Gozar de protección eficaz contra calquera acto de usurpación, abuso ou inxerencia que afecte o libre exercicio da súa función, e poida prexudicalo, incluído o despedimento pola súa condición de representante dos traballadores, da súa actividade sindical, ou da súa afiliación ó sindicato, etc.

5. Interrompe-la súa actividade laboral no buque cando as esixencias da súa representación sindical interpoña unha intervención directa ou inaprazable para tentar solucionar calquera problema que afecte os intereses dos tripulantes, logo de aviso ó capitán.

Norma 2:

O delegado de persoal disporá dunha reserva de 20 horas laborais retribuídas mensuais para o exercicio da súa actividade nos seguintes casos:

a) Asistencia a congresos, asembleas, consellos, coordinadoras, se é o caso, e, en xeral, a calquera clase de reunións a que fosen convocados polo sindicato.

b) Participación en seminarios, cursos ou actividades de carácter formativo sindical, promovidos polo sindicato ó que pertenza ou cando expresa ou persoalmente sexa convocado.

c) Actos de xestión que deben realizar por cargo do seu sindicato ou por razóns das súas obrigas específicas. Para os mesmos casos poderán ademais, utilizar ó seu cargo, as horas necesarias.

O delegado de persoal garantirá a non demora do buque pola súa asistencia a cursos.

Norma 3:

Dereitos e funcións do delegado de persoal:

1. Vixiar polo estricto cumprimento das normas laborais regulamentarias ou pactadas, especialmente as relativas á xornada de traballo, control das quendas de vacacións, horas extraordinarias, etc.

2. Ser informado por escrito, preceptiva e previamente sobre as sancións impostas ós tripulantes por faltas moi graves.

3. Non ser transbordado contra a súa vontade entrementres dure o exercicio do seu cargo sindical.

4. Convocar asemblea no buque por popia iniciativa ou cando llo solicite un tercio da tripulación.

5. Utilizar tódolos servicios de impresión, comunicación e oficina de a bordo para o desenvolvemento das súas funcións sindicais, se for necesario.

Aquelas comunicacións que afectan ámbalas partes correrán por conta da empresa; as que sexan única e exclusivamente de carácter sindical correrán por conta dos tripulantes.

6. Cando a actuación do delegado do buque, realizada fóra do centro de traballo, supoña xestión en

defensa dos intereses dos seus representados e se exerza perante a empresa, ou perante a autoridade laboral logo de citación desta, considerarase que se encontra en situación asimilada á comisión de servicio; daquela percibirá a totalidade dos devengos que lle correspondese de ter prestada a súa actividade laboral.

Norma 4:

Os tripulantes poderán exerce-lo seu dereito de asemblea logo de avisar ó capitán. A asemblea non entorpecerá as gardas, nin quendas de traballo; en todo caso, quedará a salvo a seguridade do buque e súa dotación. O delegado de persoal será o responsable do seu normal desenvolvemento.

Norma 5:

Poderán acollerse a excedencia por motivos sindicais aqueles tripulantes que fosen designados para ocupar calquera cargo de responsabilidade en calquera sindicato legalmente establecido. Esta excedencia concederase a todo tripulante, calquera que fose a súa antigüidade na empresa, polo prazo de duración do seu cargo.

O excedente ocupará a mesma praza que desempeñaba anteriormente, computándose o tempo de excedencia para efectos de antigüidade. O reingreso deberao solicita-lo interesado dentro do mes seguinte a cando cese no cargo sindical que desempeñe.

Norma 6:

O delegado de persoal terá as seguintes funcións:

1. Negociar e vixia-lo cumprimento do convenio e as actas de aplicación del na empresa e os demais pactos que asinen entre esta e os seus tripulantes.

2. Ser informado pola dirección da empresa:

a) Anualmente, coñecer e ter ó seu dispor o balance, a conta de resultados e a memoria.

b) Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións do cadro de persoal, venda e posta en situación de fóra de servicio ou cambio de bandeira do buque e sobre os plans de formación profesional da empresa.

c) En función da materia de que se trata:

-Sobre a implantación e revisión de sistemas de organización de traballo e calquera das súas posibles consecuencias.

-Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa cando iso supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

-O empresario facilitaralle ó delegado información das contratacións, suspensións ou extincións dos contratos, así como modelo ou modelos de contrato de embarque que utilice, estando lexitimado o delgado para efectua-las oportunas reclamacións ante a empresa e, se é o caso, ante a autoridade laboral competente.

-No tocante ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidade profesional e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, o movemento de ingresos, cesamentos e os ascensos.

Artigo 29º.-Día do Carme.

O día 16 de xullo, festividade de Nosa Señora do Carme, padroeira da mariña mercante, ten a consideración de festivo non recuperable.

Artigo 30º.-Comisión paritaria.

Para interpretar e vixia-la aplicación do presente convenio colectivo, créase unha comisión paritaria de dous membros, composta por un membro elixido pola empresa e un membro pola parte social (o delegado de persoal).

As partes someterán cantas dúbidas, discrepancias ou conflictos puidesen xurdir pola interpretación ou aplicación do convenio. A dita comisión resolverá o que proceda no prazo ou máis breve posible.

Artigo 31º.-Artigo final.

Ámbalas partes acordan que en todo o non disposto neste convenio se seguirá o disposto no convenio xeral da mariña mercante e na lexislación xeral vixente.

Disposición adicional

As partes asinantes deste convenio foron:

Pola representación empresarial:

Cándido Correa García.

E pola representación dos traballadores:

Manuel Martínez Santomé.

Táboa de salarios para 1999

CategoríaSalario profesionalValor trienioHoras extrasPagas extras

Capitán260.359 ptas.

1.564,79 euros

8.024 ptas.

48,23 euros

36.668 ptas.

220,38 euros

260.359 ptas.

1.564,79 euros

CategoríaSalario profesionalValor trienioHoras extrasPagas extras

Xefe de máquinas250.966 ptas.

1.508,34 euros

8.024 ptas.

48,23 euros

36.668 ptas.

220,38 euros

250.966 ptas.

1.508,34 euros

Oficial N.P. C/M213.636 ptas.

1.283,98 euros

7.548 ptas.

45,36 euros

32.932 ptas.

197,93 euros

213.636 ptas.

1.283,98 euros

Oficial M.M.213.636 ptas.

1.283,98 euros

7.548 ptas.

45,36 euros

32.932 ptas.

197,93 euros

213.636 ptas.

1.283,98 euros

Oficial N.P.162.251 ptas.

975,15 euros

7.075 ptas.

42,52 euros

21.848 ptas.

131,31 euros

162.251 ptas.

975,15 euros

Oficial Máq.162.251 ptas.

975,15 euros

7.075 ptas.

42,52 euros

21.848 ptas.

131,31 euros

162.251 ptas.

975,15 euros

Contramestre156.958 ptas.

943,34 euros

6.600 ptas.

39,67 euros

21.049 ptas.

126,51 euros

156.958 ptas.

943,34 euros

Cociñeiro156.541 ptas.

940,83 euros

6.600 ptas.

39,67 euros

21.049 ptas.

126,51 euros

156.541 ptas.

940,83 euros

Mecánico reparador155.485 ptas.

934,48 euros

6.600 ptas.

39,67 euros

21.049 ptas.

126,51 euros

155.485 ptas.

934,48 euros

Mecamar155.015 ptas.

931,73 euros

5.871 ptas.

35,29 euros

20.600 ptas.

123,81 euros

155.015 ptas.

931,73 euros

Engraxador154.694 ptas.

929,73 euros

5.448 ptas.

32,74 euros

20.156 ptas.

121,14 euros

154.694 ptas.

929,73 euros

Mariñeiro152.427 ptas.

916,10 euros

5.448 ptas.

32,74 euros

20.156 ptas.

121,14 euros

152.427 ptas.

916,10 euros

Limpador136.067 ptas.

817,77 euros

4.601 ptas.

27,65 euros

17.762 ptas.

106,75 euros

136.067 ptas.

817,77 euros

* Quedando a salvo as condicións máis beneficiosas establecidas nos contratos de traballo.