Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 24 de agosto de 1999 Páx. 10.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, polo Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 13 de xullo de 1999, o IV Proxecto de modificación das normas subsidiarias de planeamento do termo municipal de Vila de Cruces, sométese a información pública na secretaría deste concello durante o prazo dun mes, segundo o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante o cal poderá ser examinado por cantas persoas se consideren afectadas e formula-las observacións ou alegacións que consideren oportunas.

Vila de Cruces, 15 de xullo de 1999.

O alcalde-presidente

Rubricado