Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 24 de agosto de 1999 Páx. 10.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 132/99 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques e secretaria, a xefa de Negociado Inés Docando Casanova, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

En caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (Diario Oficial de Galicia do 30 de setembro).

Lugo, 14 de xullo de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº expediente-Precepto

infrinxido

-Último domicilio-Multa

máxima

Jorge P. Alves da Fonseca34.259.274LU-E 132/9926 e)

L.O. 1/1992

Escultor Fco. Moure, 35, Monforte de LemosAta 50.000 ptas.

Ramón González Freire34.261.921LU-E 122/9923 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992Travesía da Igrexa, Piño, A Pobra de BrollónAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Mª Adoración Pardo Casanova34.250.685LU-E 128/9926 e) L.O. 1/1992r/ Pontevedra, 2-4, Monforte de LemosAta 50.000 ptas.

Manuel López López76.616.911LU-E 131/9926 e) L.O. 1/1992r/ Reboredo, 29, 4º, ParadelaAta 50.000 ptas.

David de la Fuete Pérez e Fco. Javier García Fdez.34.257.373

34.257.209

LU-E 124/9926 e) L.O. 1/1992r/ Duquesa de Alba, 14, Monforte de LemosAta 50.000 ptas.

Ángel Rodríguez Rodríguez46.570.251LU-E 130/9923 o) en relación co 26 e) L.O. 1/1992r/ Almirante Romay, 5, 1º D, A CoruñaAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses