Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Couso-A Vacariza (Monterroso).
Situación: Monterroso.
Descricións técnicas: L.M.T. o C.T. de Couso de 1.477 metros a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor PAS-50. C.T.I. de Couso de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de Couso de 1.770 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 22 de xullo de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo