Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra nº 127, do 6 dos correntes, publicáronse as bases, aprobadas polo Pleno deste Concello en sesión do 23 de abril de 1999, para a provisión de prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público de 1998.

As prazas que se convocan son as seguintes:

a) Persoal funcionario.

Dúas prazas de garda da policía local mediante oposición libre.

b) Persoal laboral.

Unha praza de animador socio-cultural.

Unha praza de operario de obras e servicios.

Unha praza de oficial albanel.

Unha praza de chofer.

As catro prazas citadas de persoal laboral convócanse mediante concurso-oposición libre.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello do Porriño (rúa Antonio Palacios, 1) durante o prazo de vinte días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Tamén poderán presentarse na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992. Nos casos de concurso-oposición, á solicitude deben unirse os xustificantes dos méritos que se aleguen.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro de edictos deste concello e no BOP de Pontevedra, cando proceda, de acordo coas bases da convocatoria.

O Porriño, 23 de xullo de 1999.

José Manuel Barros González

Alcalde