Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o presente contrato ten por obxecto a realización da asistencia técnica consistente na execución dos traballos de dirección facultativa (media e superior) e coordinación de seguridade e saúde das obras de construcción do aparcamento subterráneo Puente Castro-A Rosa, do xeito que se sinala no prego de condicións que rexe a presente contratación.

Tipo de licitación: 14.431.187 ptas., IVE incluído.

Prazo de adxudicación: os traballos realizaranse durante a execución das obras, que teñen un prazo de doce meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, dentro do prazo de trece días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os que se especifican no punto criterios de adxudicación do prego de condicións.

Garantías: definitiva: 4% do tipo de licitación, que poderá constituírse en forma de retención de parte do prezo.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D/Dª ..... con domicilio en ..... rúa ..... nº ..... teléfono ..... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº ..... actuando en nome propio (ou en representación de ..... DNI ou CIF nº ..... e domicilio en ..... e teléfono ..... toma parte no concurso por procedemento aberto para a adxudicación dos traballos de dirección facultativa (media e superior) e coordinación de seguridade e saúde das obras de construcción do aparcamento subterráneo Puente Castro-A Rosa, e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de ..... ptas.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En ..... o ..... de ..... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación do concurso ..... presentada por ......

En ..... o ..... de ..... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1999.

O alcalde

Rubricado