Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Eirís-Linares Rivas (liña 10 e 21).
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al: de 820 m de lonxitude, con orixe no cambio aéreo a subterráneo da liña A Grela-Bellavista-Petroliber (expediente 13674) e final en liña desde C.T. San Diego I a C.T. Coalsa. De 855 m de lonxitude, con orixe na liña que vai desde C.T. San Diego I a C.T. Coalsa e final en C.T. Centenario. De 1.360 m de lonxitude, con orixe no C.T. Centenario e final no C.T. A Palloza, existente. A Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 15 de xullo de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña