Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1999 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Resolución: 12-7-1999.

Obxecto: modificación da concesión destinada á construcción dunha nave para envase, almacenamento de utensilios, tratamento de pescado e depósito de caixas.

Porto: Ribeira.

Adxudicatario: Sociedade Cooperativa do Mar Santa Uxía Limitada.

Prazo: ata o 27 de febreiro do 2025.

Resolución: 12-7-1999.

Obxecto: construcción de departamentos para armadores.

Porto: Celeiro.

Adxudicatario: Servicios Loxísticos de Celeiro, A.I.E.

Prazo: 30 anos.

Resolución: 12-7-1999.

Obxecto: traslado e ampliación de instalacións de almacenamento e subministración de gasóleo a barcos.

Porto: Burela.

Adxudicatario: Armadores de Burela, S.A.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 26-7-1999.

Obxecto: instalacións e subministración de gasóleo e aceites a barcos.

Porto: Celeiro.

Adxudicatario: Combustibles de Celeiro, S.A.

Prazo: 15 anos.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante, por elección do interesado, o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses

contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución que faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia