Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 20 de agosto de 1999 Páx. 10.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1999 pola que se anuncia concurso público número 7/99, procedemento aberto, tramitación de urxencia, a contratación dos expedientes que se citan.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 3019/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras da Facultade da Área de Ciencias Sociais.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: Campus de Elviña. A Coruña.

d) Prazo de execución (meses): 18 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 1.220.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 24.400.000 ptas.

6. Obtención da documentación.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na sede do Rectorado, Servicio de Xestión Económica, r/ Maestranza, s/n. A Coruña. España.

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade da Coruña, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Maestranza, s/n, edif. Maestranza.

c) Localidade e código postal: A Coruña (15001).

d) Teléfono: prefixo país-34-981 16 70 00.

e) Telefax: prefixo país-34-981 16 70 12.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 4 de outubro de 1999.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: c, subgrupo: 2, categoría: f.

b) Outros requisitos: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 5 de outubro de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Universidade da Coruña, Rectorado, Rexistro xeral.

2ª Domicilio: rúa Maestranza, s/n, edif. Maestranza.

3ª Localidade e código postal: A Coruña (15001).

d) Prazo durante o que licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: si (ata 3 como máximo).

f) Lingua en que deben redactarse as ofertas: castelán.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade da Coruña.

b) Domicilio: rúa Maestranza, s/n, edif. Maestranza.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: 8 de outubro de 1999.

e) Hora: 11 horas.

10. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 13 de agosto de 1999.

A Coruña, 13 de agosto de 1999.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

Víctor M. Cabrera Sánchez

Xerente