Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 20 de agosto de 1999 Páx. 10.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/107-2, 5203 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en avenida Carlos Azcárraga 96, Lugo.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea ó C.T. da Avda. Carlos Azcárraga nº 96 de 197 m a 20 kV baixo tubo en conductor D.H.Z.1. C.T.I. en edificio na Avda. Carlos Azcárraga nº 96 (Lugo) de 630+630 kVA (inicialmente de 630 kVA) e relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 1 de xullo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo