Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 19 de agosto de 1999 Páx. 10.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Por resolución desta alcaldía do día 6-8-1999 acordouse aprobar inicialmente o proxecto de compensación da unidade de execución presentado por Arievan, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente na secretaría do concello en horas de 9 a 13 tódolos días laborables polo prazo de vinte días a través de anuncios no DOG e prensa que se computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Sada, 10 de agosto de 1999.

O alcalde

Rubricado