Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 19 de agosto de 1999 Páx. 10.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia técnica para a determinación da eficacia das caixas niño no control das pragas forestais.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descripción do obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a determinación da eficacia das caixas niño no control das pragas forestais.

2.2. Prazo de execución: dez meses.

3. Orzamento base de licitación: 8.300.000 ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional:

2% do orzamento da contrata: 166.000 ptas.

5. Fianza definitiva:

4% do orzamento da contrata: 332.000 ptas.

6. Documentación e información:

6.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2.

6.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

7.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

7.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidad e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó de remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 1999.

P.D. (Orde do 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente