Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para o mantemento integral para o equipo de litotricia extracorpórea deste complexo hospitalario. (C.P. 129/1999).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artículo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e con a autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

Obxecto: mantemento integral para o equipo de litotricia extracorpórea do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña.

Orzamento: 4.526.000 ptas. (27.201,81 euros).

Garantía provisional: 90.520 ptas. (544,04 euros).

Lote 1: mantemento integral para o equipo de litotricia extracorpórea.

Orzamento: 4.526.000 ptas. (27.201,81 euros).

Garantía provisional: 90.520 ptas. (544,04 euros).

1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

2. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Admisión de variantes: non se autorizan, o que se fai constar expresamente neste prego e no anuncio de licitación, de acordo co artigo 88.2º da LCAP.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación:

Condicións do servicio: 40%.

Experiencia acreditada: 30%.

Oferta económica: 30%.

Respecto ás condicións do servicio valoraranse os seguintes aspectos: dispoñibilidade da empresa, medios humanos e materiais cos que conta, particularmente os que se asignarían á execución do contrato, melloras adicionais sobre as condicións mínimas esixidas no anexo I: prego de prescricións técnicas; así como calquera outro apartado da mesma orde e que permita xulga-la a calidade coa que se levaría a cabo a prestación do servicio.

En canto á experiencia acreditada polos licitadores, valoraranse os servicios prestados que estes xustifiquen, mentres presenten unha dimensión e unhas condicións técnicas similares ó presente.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo o Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborais desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. APertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 3 de agosto de 1999.

Teresa Araguas Álvarez

Directora xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña