Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/160-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Guiliade e Barral.

Situación: Betanzos.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV a C.T. Barral de 195 m de lonxitude, en conductor PAS-50 que parte da L.M.T. Betanzos-Carral e final no C.T. Barral de 50 kVA. Substitución C.T. Guiliade aéreo por un prefabricado de 250 kVA. Reforma das RR.BB.TT. dos CC.TT. anteriores de 2.671 m en R.Z. C.T. Barral e 2.884 m do C.T. Guiliade. Concello de Betanzos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de xullo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña