Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: retranqueo L.M.T. Casablanca-Os Castros.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: retranqueo L.M.T.S. a 15/20 kV de 1.460 m en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T. A Grela-Boavista, ramal ó porto
e remate no C.S. San Diego-2 C.S. de peirao Oza, porto San Diego prefabricados. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
A Coruña, 13 de xullo de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña