Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 18 de agosto de 1999 Páx. 10.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, do contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos e asistencia sanitaria.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación dos contratos ó que refire esta resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Contrato privado de seguro (póliza) que terá por obxecto garanti-la asistencia sanitaria no caso de accidente deportivo motivado polo feito ou con ocasión do exercicio da actividade deportiva e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais.

a) Período de vixencia: do 1 de outubro de 1999 ata o 15 de setembro do 2000, ámbolos dous inclusive.

b) Orzamento de licitación: vinte millóns catrocentas corenta mil pesetas (20.440.000 ptas.), co detalle por anualidades consignado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Prima individual máxima: trescentas sesenta e cinco pesetas (365 ptas.).

d) Número aproximado do colectivo que hai que asegurar: cincuenta e seis mil (56.000) deportistas.

3. Requisitos do asegurador.

a) A acreditación da solvencia técnica ou profesional:

Mediante os documentos e medios de proba que enumera o artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Sinaladamente, o licitador xuntará cadro dos servicios médicos hospitalarios e extrahospitalarios cos que conta para a prestación dos servicios de asistencia sanitaria ós que se refire o obxecto, parcial, do contrato que se pretende.

b) Outros requisitos: tódolos consignados no prego de cláusulas administrativas particulares e sinaladamente os esixidos no artigo 80.2º e) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

4. Garantía provisional e definitiva.

Prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% e 4%, respectivamente, do orzamento de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural posterior ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o Rexistro de Documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro. 15890-Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

7. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, 15890-Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte