Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica no río Liñares, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso PO/79/98P.

Neste organismo autónomo recibíronse varias peticións de outorgamento de concesión e autorización

administrativa para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico dun tramo libre do río Liñares, presentadas cos proxectos das obras e instalacións e estudios ambientais correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbense os peticionarios do aproveitamento solicitado, do que figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo constar, de se-lo caso, a petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e a relación concreta na que se indican os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 109 do R.D. 849/1986, do 11 de abril, que aproba o Regulamento do dominio público hidráulico; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométense de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, as peticións e documentación técnica e ambiental que se tratan en concreto no anexo, para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se

refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello da Estrada (Pontevedra).

Este trámite realízase igualmente consonte o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixir ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se

produzan por iso, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro do 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n. 15071 Santiago de Compostela.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais:

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

Delegación Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra: r/ Benito Corbal, 47, 4ª planta, 36071 Pontevedra.

Concello da Estrada: Pr. Constitución, s/n, 36680 A Estrada (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1999.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Cortizo Hidroeléctricas, S.A.

Enderezo: A Matanza s/n, 15917 Padrón (A Coruña).

Representante: José Manuel Cortizo Soñora

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico do salto da Devesa no río Líñares.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo solicitado: 5.500 l/sg.

Corrente de derivación: río Liñares (cota normal de encoro: 156,25).

Corrente de restitución: río Líñares (cota do desaugadoiro ó río: 65,50).

Desnivel (entre a cota normal de encoro e o desaugadoiro ó río): 90,75 m.

Altura do azude: 10 m (entre a coroación e o punto máis baixo da superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 2x2.100 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concello da Estrada.

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

Para o azude preténdese recrecer un xa existente que dá servicio a unha canle de rega. O nivel normal de encoro prevese á cota 156,25 e a coroación á cota 160,75, sendo a lonxitude de coroación de 42,5 m, dos que 20 son de vertedoiro. O perfil transversal do azude será tipo Creager con planta recta e o material de construcción formigón. Prevese unha derivación a modo de desaugadoiro de fondo.

A toma de augas, no propio río está á cota 154,1 á dereita do vertedoiro. Proxectouse cunha válvula de limpeza e baleirado e outra de regulación de entrada, e cunha rella á entrada.

-Canle de derivación:

A canle terá unha lonxitude de 1.920 m e realizarase seguindo a canle de rega existente, ampliándoo para adecualo á derivación.

-Cámara de carga:

Está á cota 149,5 e ten unha capacidade de 120 m; dispón dunha comporta electrónica que conectará co tubo forzado.

-Tubo forzado:

É de aceiro e ten unha lonxitude de 250 m e un diámetro de 1.300 mm, sendo capaz de transportar 5,50 m/sg, salvando o desnivel entre a cota 149,5 e a 66,5. Vai na súa totalidade pola marxe dereita do río Liñares. Antes de entrar á central bifúrcase en dúas de diámetro 900 mm para dar servicio a cada un dos grupos da central.

-Central:

Será de planta rectangular, de dimensións exteriores totais de 25 mx10 m, sendo a altura da divisoria de augas respecto da explanación de 9 m. Realizarase na marxe dereita do río Liñares, próximo ó lugar coñecido como A Devesa. Os cerramentos serán de bloques de formigón branco e a cuberta de tella plana.

Aproveitando unha senda que parte desde A Estrada, deséxase proxectar un camiño de acceso á central, o cal discorrerá pola marxe dereita do río Liñares.

-Equipos electromecánicos:

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

Dúas turbinas xemelgas para un caudal de 2.75 m/sg, un salto neto de 82,63 m, unha potencia de 1.950 kW e 750 r.p.m. cada unha.

Dous alternadores síncronos trifásicos de eixe horizontal de 6.000 V de tensión nominal, 2.000 kVA de potencia aparente e 750 r.p.m. cada un.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican cos seus propietarios.

Concello: A Estrada-polígono 169-170

Nº PARCELANOME E APELIDOS

1867CARMEN CARBIA PARADA

1868AURELIO CLEMENTE ROZADOS

1933CARMEN BLANCO SALINAS

1934GENEROSA TERZADO NODAR

1935JESUSA ROZADOS LÓPEZ

Concello: A Estrada-polígono 750

Nº PARCELANOME E APELIDOS

324-2CARMEN CLEMENTE RODRÍGUEZ

325MATILDE OCA MOSQUERA

327JESÚS ANDÚJAR TARRÍO

328JESÚS ANDÚJAR TARRÍO

329JESÚS CERVIÑO MATO

384SEBASTIÁN TARRÍO BLANCO

385JESÚS PEREIRAS BARREIRO

393ELVIRA BRAVO LAMAZARES

394JOSÉ FERNÁNDEZ BETETOS

Ademais existe un acordo previo entre a comunidade de propietarios dos dereitos de rega da canle e a empresa Hidroeléctricas Cortizo, S.A. para a cesión dos dereitos sobre a dita canle.

* Estudio de efectos ambientais:

Este estudio presentouse conforme a normativa aplicable.

Peticionario e promotor: Hidroeléctrica del Liñares, S.R.L.

Enderezo: r/ Cantón Grande, 6 -6ºA. 15003 A Coruña.

Representante: Luis Castro Valdivia.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Liñares e Barranco da Ponte Nova.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudais máximos solicitados: 7.960 l/sg en el río Liñares e 1.040 l/sg no río Barranco da Ponte Nova.

Correntes de derivación: río Liñares (cota do desaugadoiro do azude: 162,5) e río Barranco da Ponte Nova (cota do desaugadoiro do azude: 161).

Corrente de restitución: río Líñares (cota de restitución ó leito: 65 m).

Desnivel (entre o desaugadoiro do azude do río Liñares e o desaugadoiro ó río): 97,5 m.

Altura do azude: 9 m para o río Liñares e 7,5 m para o río Barranco da Ponte Nova (entre a coroación e o punto máis baixo da superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 7.550 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: Concello da Estrada.

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azudes e obras de toma:

Existe un azude principal no río Liñares (50 m augas enriba da ponte de Pontenogueira) e outro azude secundario no Barranco da Ponte Nova (a uns 500 m augas enriba da desembocadura no Liñares).

Ámbolos azudes son de gravidade, con perfil de desaugadoiro tipo Creager, e cun desaugadoiro de fondo e unha escala de peixes. Para o azude principal, con vertedoiro á cota 162,5 e contacto co leito á cota 159, prevese unha lonxitude de coroación de 30 m e unha lonxitude de vertedoiro de 21 m. Para o azude secundario, con vertedoiro á cota 161 e contacto co leito á cota 158, prevese unha lonxitude de coroación de 17 m e unha lonxitude de vertedoiro de 11 m.

As captacións somerxidas consisten nunha embocadura no paramento augas enriba do azude, protexidas por unha reixa e unha comporta, dando paso ós tubos de toma.

Para o acceso ó azude principal aproveitarase a estrada que vai da Estrada a Trasmonte e chega ata as inmediacións del. Para o acceso ó azude secundario, existe un camiño que parte da estrada que vai de Vilanova a Cruxeiras, que cómpre ampliar en 100 metros.

-Tubos de derivación:

Existe un tubo de derivación secundaria, que percorre a lomba entre o río Liñares e o Barranco da Ponte Nova, levando a auga desde a toma do azude principal ata a do secundario. Este tubo ten un diámetro de 2.400 mm e unha lonxitude de 1.450 m. O tubo principal vai desde o azude secundario ata o tubo forzado, cun diámetro de 2.300 mm e unha lonxitude de 1.100 m. Ámbolos tubos son de aceiro ó carbono.

-Tubo forzado:

O tubo forzado é de aceiro ó carbono, cunha lonxitude de 180 m e un diámetro de 2.100 mm. A unión co tubo de derivación faise sen cheminea de equilibrio, xa que a sobrepresión por golpe de ariete é asumible polo tubo.

-Central:

Será de planta rectangular, de dimensións exteriores totales de 34 mx22 m. Os cerramentos revestiranse cun muro de pedra, sendo a cuberta de lousa negra.

Para o acceso á central aproveitarase un camiño que parte da estrada que vai de Vilaboa a Cruxeiras e chega ata a localización dela.

-Equipos electromecánicos:

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

Tres turbinas Francis de eixe horizontal para uns caudais de 1.000, 2.500 e 5.500 l/sg e potencias nominais de 778, 1.945 y 4.277 kW respectivamente.

Tres alternadores de potencias en bornes 850 kVA (asíncrona), 2.100 kVA (síncrona) e 4.600 kVA (síncrona) respectivamente, cunha tensión de 6 kV e unha velocidade síncrona de 600 r.p.m.

Transformador elevador trifásico de potencia 9.000 kVA.

Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

Peticionario e promotor: Tracidi, S.L.

Enderezo: Avda. de Vigo, 39, 1º B, Pontevedra.

Representante: Francisco Javier Bastón Pereiro.

Denominación do aproveitamento: aproveitamiento hidroeléctrico da minicentral do Liñares.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 5.900 l/sg.

Corrente de derivación: río Liñares (cota normal de encoro: 150,9).

Corrente de restitución: río Líñares (cota de restitución ó canle: 66,24 m).

Desnivel (entre a cota normal de encoro e o desaugadoiro ó río): 84,66 m.

Altura do azude: 7,1 m (entre a coroación e o punto máis baixo da superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 5.000 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello da Estrada.

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

O azude é de gravidade, feito de formigón en masa H-150, con cota na base 148,33 e cota de desaugadoiro 150,83. O desaugadoiro ten un perfil tipo Creager e unha lonxitude de 20 m. Dotarase dun desaugadoiro de fondo e unha escala de peixes. Para a toma practícase unha fiestra no azude na súa marxe dereita.

O acceso ó azude realizarase utilizando a pista que accede desde as casas de Trasmonde e realizando unha prolongación nos últimos 50 m.

-Canle de derivación e cámara de carga:

Vai desde a toma ata a cámara de carga, cunha lonxitude total de 1.500 m e unhas dimensións interiores de 2,5x1,8 m. Farase en formigón H-200. Paralelo a el disponse unha pista de acceso en toda a lonxitude.

A cámara de carga é un depósito de 15x7x4 m.

-Tubo forzado:

É de aceiro soldado helicoidalmente, cunha lonxitude total de 215 m, un diámetro de 1.700 mm e un espesor de 8 mm.

-Central:

Terá unhas dimensións en planta de 11 mx20,70 m, unha altura de 8,5 m, con estructura de formigón armado con forxado, e cuberta de tella.

Como acceso á central utilizarase un camiño existente desde o lugar de Aldea Grande ata as proximidades da central, realizando un tramo novo de 50 m.

-Equipos electromecánicos:

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

Dúas turbinas Francis para un caudal de 2.950 l/sg, un salto neto de 82,47 m e unha potencia máxima de 2.196 kW cada unha.

Dous xeradores síncrono-trifásicos de potencia 2.500 kVA, tensión de 6 kV e velocidade síncrona de 600 r.p.m. cada un.

Equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican cos seus propietarios.

Concello: A Estrada-polígono 169

Nº PARCELANOME E APELIDOS

941-BMANUELA GARCIA SOMOZA

847HROS. MANUEL BERNANRDEZ LOPEZ

735

848JESÚS PARADA PORTO

893

850MAXIMINO LOPEZ VILAN

898

883

802

855DORINDA FARES CAMINO

941

924

958CARMEN PORTO CAMPOS

857MARIA CASTRO REY

755MARIA COSTOYA MATO

Nº PARCELANOME E APELIDOS

859HROS. VIRTUDES CAMINO CARBON

750

963

761DESCOÑECIDO

1.124

762HROS. MANUEL PORTO VERDURA

863HROS. MARIA PARAMA SILVA

773

871

491

894

752ANDRES LOPEZ BREY

994ISOLINA CASTRO RIBADEO

751DOLORES COSTOYA MATO

865

942

870

749JESUS COSTOYA MATO

886

748MAXIMINO COSTOYA MATO

933

800

995

936

866ALBINO CARRACEDO BERGUEIRO

741ANTONIO COSTOYA LOPEZ

867FRUNDINA CASTRO RIBADEO

740CARBON S-S ESTRELLA

1.126

783

868ROSA CARBON TERCEIRA

967

874HROS. ANTONIO RIBADEO LOPEZ

920

923

739REY S-S MAXIMINO

993

767

876DELFINA IGLESIAS CARBON

765

877ELISARDO BATALLAN LOPEZ

795

878JESUSA LOPEZ GAMALLO

781

879JOSE BRAVO CARBON

939

895

493

937

495

1.127

734NIEVES IGLESIAS LOIMIL

881HROS. MARIA LOPEZ DOMINGUEZ

722JOSE TALLON CARBIA

882CARMEN LOPEZ BREY

721EDESIA NODAR REY

884DESCOÑECIDOS

720OTILIA CAROLO PRADO

889JOSE M. TERZADO RIBADEO

719JESUS VARELA REY

932

780

890JOSEFA LOUZAO RODRIGUEZ

872

892

1.125

926

1.942

928

718EUSEBIO LOPEZ VILAN

930

880

891SEVERINA GAGO FARES

970

929

801

Nº PARCELANOME E APELIDOS

896MANUELA LAMAZARES REY

406

897HROS. JESUS TARRIO TARRIO

484

902HIGINIO IGLESIAS CARBON

487

904ELVIRA CASTRO BREY

717CONSTANTINO IGLESIAS IGLESIAS

1.130

777

964RAMONA TARRIO BLANCO

852

1.869

972

965HROS. MANUEL FARES DELGADA

934

978HROS. JOSE CAMINO BRAÑAS

763FRANCISCO LAMAZARES REY

803SECUNDINO IGLESIAS CARBON

860

805HROS. JOSE M. CASTRO CARBON

764EVARISTO ARJONES CANAVAL

931HROS. CARMEN FARES CAMINO

766

935ISAURA PIÑEIRO PRADO

776

938DESCOÑECIDO

790

961DOLORES CABANAS GOMEZ

854

957MAXIMINO LOPEZ VILAN

940

1.128MANUEL CASTRO BREY

483

997

492

1.129SALUDINA PEREIRAS BARREIRO

485

1.135MATILDE OCA MOSQUERA

496

1.136DOLORES OCA NODAR

774HROS. JOSE FARES CAMINO

1.260EULOGIO CLEMENTE CALVIÑO

787

1.261JESUS CLEMENTE ROZADOS

901

1.872

928

1.262AURELIO CLEMENTE ROZADOS

775HROS. ANTONIO TERZADO NODAR

1.263RAMIRO CLEMENTE ROZADOS

791

1.141ENCARNACION FUENTES NODAL

853

1.948JOSE ZAMAR COBAS

864

1.947DOLORES CASTELAO RIBERA

887

1.946JOSE OTERO BARREIRO

903

1.945JESUSA ROZADOS LOPEZ

799

1.941

804

1.937

806

1.935

925

1.944RAMIRO DAVILA NEIRA

784HROS. CARMEN FARES CAMINO

1.943GENEROSA TERZADO NODAR

969

1.940

985

1.934

Nº PARCELANOME E APELIDOS

785MANUELA CASTRO RIBADEO

1.939FUENTES S-S FLORA

899

1.938NELIDA CLEMENTE LEGAZPI

792JOSEFA LOUZAO RODRIGUEZ

1.172DESCOÑECIDO

856

1.936SEGUNDO VARELA VAZQUEZ

858

2.061

793HROS. JOSE CABALEIRO CARAMES

1.871ELISA LOUREIRO LUZAO

778

1.860JOSE NODAR NEIRA

966

663DESCOÑECIDO

996

391HROS. MANUEL CARBON LOPEZ

794JOSE CASTRO LOUZAO

1.933CARMEN BLANCO SALINAS

851

1.179DESCOÑECIDO

885

1.180DESCOÑECIDO

968

2.033-BDESCOÑECIDO

971

1.192DESCOÑECIDO

921

1.196DESCOÑECIDO

990

1.197DESCOÑECIDO

797JESUSA LOPEZ VILAN

1.195DESCOÑECIDO

779HROS. JOSEFA CARBON TERCEIRO

1.212DESCOÑECIDO

782HROS. RAMIRO IGLESIAS LOIMIL

1.214DESCOÑECIDO

846AVELINO CLEMENTE PARADA

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.