Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 17 de agosto de 1999 Páx. 10.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e por tramitación urxente, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización da operación estatística índice de vendas do comercio polo miúdo que figura co número 101 no programa estatístico anual para 1999.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: secretaría xeral.

Número de expediente: 5/1999.

Obxecto do contrato: obtención e gravación da información para a elaboración dos índices de vendas para os dez primeiros meses do ano 1999 do comercio polo miúdo en Galicia.

Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo de execución e entrega dos traballos será de tres meses a partir da sinatura do contrato.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: sete millóns duascentas cincuenta mil pesetas (7.250.000 ptas.).

Garantía. Provisional: 2% do orzamento do contrato (145.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (LCAP).

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da LCAP.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1999.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Jesús Vázquez San Luisa

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio